Oriol Monzo, fichaxe do Arteal SD Compostela

O Arteal Sociedade Deportiva Compostela Tenis de Mesa acaba de fichar para o equipo de Superdivisión Masculina a Oriol Monzo, un xogador con enorme experiencia na categoría.

Oriol leva disputadas vinte tempadas en Superdivisión, destacando un palmarés no que atesoura dúas Copas do Rey, sete títulos de Campión de España Absoluto en dobres, un Subcampionato de España Individual e sete títulos de Campión de Cataluña Absoluto.

A nova incorporación do club chega moi motivado para unirse aos seus novos compañeiros, Enio, Humberto e Andre. Todos eles teñen o obxectivo de formar un equipo máis completo e dinámico, fronte a unha tempada que se prevé competitiva e igualada.