Máis fichaxes Xuvenil A SD Compostela

Froito do convenio asinado co Conxo Santiago, chegan ao #XuvenilA da SD Compostela Nico Díaz, Martín Burgos, Samuel Villaverde e Hugo Suárez (na foto de esquerda a dereita)

!!!Benvidos!!!

  • Nico Díaz é un lateral que foi escalando chanzos na canteira do Conxo Santiago ata chegar á División de Honra!!!
  • Martín Burgos é un xuvenil de segundo ano que pode actuar tanto de central coma de lateral!!! Con experiencia na División de Honra, antes de fichar polo Conxo Santiago pasou pola canteira do Real Club Deportivo de La Coruña!!!
  • Samuel Villaverde é un central que debutou a tempada pasada na División de Honra!!! Anteriormente, destacou no Atlético Coruña Montañeros e no Sdc Órdenes, equipo co que xogou na Primeira Galicia sénior!!!
  • Hugo Suárez é un dianteiro que vén de facer unha gran tempada no Conxo Santiago de División de Honra!!! Anteriormente, pasou pola base do Real Club Deportivo de La Coruña e do Pontevedra Club de Fútbol SAD!!!