Fin de semana chea de competicións para a SD Compostela Atletismo

A fin de semana de competicións para a SD Compostela Atletismo comezou esta pasada fin de semana o venres en Silleda, nunha proba de pouco máis de 5 quilómetros na que varios corredores acabaron destacados en postos de podio: Jose Sandá, 7º absoluto e 3º Máster A; Manu Castiñeiras, 11º absoluto 5º Máster A; e Elena Veres 5º Muller e 1ª Senior.

Ademais, tamén competiron na vila pontevedresa Borja Cardesín, Jorge Castro, Laureano Varela e Iván Abeledo; e entre os cativos: Yago Iglesias (gañador en Sub 16), Lucía Taboada, Xoel Otero, Africa Gil, Daniela Gil, Claudia Castro, Ariana Iglesias e Izan Parrado.

No control de marcas de Pontevedra, Emilio García participou nos 800 metros, acadando un tempo de 2:15 no seu debut na distancia.

Ademais, as cores do Compos tamén estiveron en terras andaluzas, na carreira de Vera en Almería, onde Brais Picón gañou a combinada sub18/ Sub 20.

Asimismo, os OCR da SD Compostela Atletismo competiron en Canarias e Narón con Paula Esteiro 1° Élite e Damián Espasandín 2° absoluto, respectivamente.

O domingo, Juanito participou no I Trail Curto de Miño, quedando entre os vinte primeros absolutos.

A maiores, tamén na xornada dominical, algúns repetiron actividade deportiva, quilómetros camiñando por area, sentadillas para recoller cabichas e residuos plásticos de todo tipo, xunto cos amigos do Atletismo Deza, xuntando unha morea de xente para botar unha man ao noso planeta.

A próxima fin de semana, algúns atletas do equipo irán a Cantabria para participar no Campionato de España de Medio Maratón.