Ampla representación e tres metais da SD Compostela Atletismo no Campionato Galego de 5 km. en ruta

A ampla representación da SD Compostela Atletismo, o equipo que máis atletas presentou, no XII Campionato de Galicia de 5 quilómetros en ruta celebrado en Bertamiráns, saldouse cunha gran xornada atlética para os nosos, na que ademais acadaron tres metais, así como moitas mellores marcas persoais.

Os postos de honra na cita disputada na matinal do domingo foron para Amador Pena, prata en M40 igualando o seu mellor rexistro na distancia; Damián Espasandín, bronce en M35 a tan só un segundo da prata; e Jordi Carrasco, tamén bronce na categoría M45 con marca persoal.

Ademais, competiron tamén en Bertamiráns Emilio García, Iván Abeledo, Brais Pérez, Jose Sanda, Manu Castiñeiras, Luis Villaverde, Sindo González, Borja Cardesín, Fran Méndez, Juan Luis Botana, Roi Porteiro, Juan Alvarellos, Segundo Domínguez, Laureano Varela, Shaila Muñiz, Elena Veres, Jose Filgueiras, Alberto Fernández, Paula Esteiro, Roi García, José Ramón Ruanova, Juan Botana, Nuria Mejuto, María Limeres, Javier Prado, Sonia Rodríguez, Bartolomé Balsa, Javier Rozados, Andrea Cacabelos e Antía Botana.

A maiores, na xornada do sábado, Nuno Costa acadou a vitoria absoluta na subida á Curota, na Pobra do Caramiñal, cun tempo de 35’19”. Na mesma proba, Fran Méndez foi décimo cuarto absoluto e cuarto na categoría M2.

Do mesmo xeito, Lara Santos debutou nunha Media Maratón, celebrada en Madrid, cun fantástico rexistro de 1h48′.

Tras esta gran fin de semana, o equipo xa prepara as próximas citas para o sábado próximo en Brión, na popular da Amaia, e do domingo na Coruña 10k.