Estrea do documental ‘Picheleiros’, da SD Compostela e Édeporte.gal, esta noite en Youtube

  • A peza, realizada pola produtora galega, rememora a segunda fase da pasada tempada
  • Lanzarase ás 21.00 horas e compartirase vía redes sociais
  • A obra conta coa colaboración de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador oficial do club

O documental Picheleiros, da SD Compostela e Édeporte.gal, estrearase esta noite a través de Youtube. A obra, realizada pola produtora galega, que rememora o vivido polo proxecto branquiazul durante a segunda fase de competición da pasada tempada, na que o equipo regresaba á Segunda División B, lanzarase ás 21.00 horas neste espazo web e compartirase a través das diferentes redes sociais do club.

Dirixida por César Fieiras, a peza, de algo máis de media hora de duración, compoñerase con entrevistas con xogadores, corpo técnico, persoal da entidade e directiva, así como con diferentes momentos vividos durante o desenvolvemento do citado playoff. O obxectivo, achegar ao afeccionado como é o día a día do club, ao mesmo tempo que se lembra a gran campaña realizada, un gran exemplo que serve de base para o novo proxecto, liderado por Rodri Veiga, que competirá na Segunda RFEF.

Esta documental conta coa colaboración de Mahou Cinco Estrellas, patrocinador oficial da SD Compostela, que con iniciativas como esta continúa apostando por achegar ás persoas a través do fútbol, reivindicar os encontros seguros como algo esencial para vivir mellor e promover a unión e conexión entre os afeccionados do club.

Ademais, hoxe coñeceranse os gañadores do sorteo de lotes de produtos Mahou, froito do apoio da firma cervexeira, realizado en Twitter e Instagram.