Convenio de colaboración entre SD Compostela, Victoria FC e Amio SD

  • Ten por obxectivo o crecemento deportivo dos clubs e o fomento do fútbol na comarca

A Sociedade Deportiva Compostela, o Victoria FC e o Amio SD veñen de asinar un convenio de colaboración co obxectivo de que as tres entidades crezan deportivamente e sigan fomentado a práctica do fútbol na comarca de Santiago.

Tras varias reunións mantidas no último mes, os tres alcanzaron un acordo mediante o cal se poderán ceder xogadores dun club a outro sen que perdan a súa vinculación ao conxunto de orixe, coa posibilidade de que poidan competir nunha división superior.

Do mesmo xeito, haberá unha coordinación conxunta en canto á metodoloxía de traballo, con reunións periódicas con adestradores dos tres clubs, obxectivos e fomento dos valores deportivos.

Con este convenio agárdase que as tres entidades poidan crecer deportivamente e que todos os nosos xogadores poidan ter a oportunidade de vivir experiencias distintas.