A SD Compostela regresou na Pobra con magníficos resultados

Logo do parón estival, a SD Compostela Atletismo volve aos poucos á acción coa participación nas carreiras populares que se celebran nestas datas. Nesta ocasión, os nosos estiveron na Pobra do Caramiñal, xa unha clásica que cumpriu a súa duodécima edición, cun total de vinte participantes.

A proba tivo un formato algo peculiar, con saídas en grupos de dez atletas cada vinte segundos, mesturados en ritmos, o que fixo que a carreira fose un pouco complicada para correr e para ver dende fora e saber as posicións.

Entre os primeiros clasificados, tivemos como destacados nas primeiras posicións, nunha carreira de moito nivel a Nuno Costa, no terceiro posto absoluto; a Cristian Muiño, no décimo terceiro; Antón Ruanova, no dezasete; e Jose Sanda, Jose Sanda no trinta e tres.

A maiores, nas súas respectivas categorías, subiron ao podio Brais Picón, gañador en Sub20; Iván Abeledo, gañador en Sub18; Yago Iglesias, gañador en Sub16; Amador Pena, segundo en Master2; Shaila Muñiz, terceira Master2; e Elena Veres, cuarta Sénior.

Do mesmo xeito, tamén tiveron unha destacada actuación os compostelanistas Juan Luis Botana, Jorge Castro, Manu Castiñeiras, Juan Alvarellos, Juan Botana, Jesús Cabo, Laureano Varela e Emilio García.

Entre os máis cativos, o Compos tamén tivo representación, e mesmo con algún podio, coa presenza de Izan Parrado, Claudia Castro, Lucía Taboada, Alex Pena, Pedro Méndez e Ariana Iglesias.

Por outra banda, ao mesmo tempo, Sindo González participou na Milla de Sanxenxo, acadando un fantástico cuarto posto.