A SD Compostela Atletismo non se detén na tempada estival

A actividade da SD Compostela Atletismo non se detén neste verán. Varios dos corredores do club estiveron presentes esta fin de semana en dúas probas polo territorio galego.

Na noite do sábado, en Vilagarcía, sete atletas do Compos participaron na XVII edición da súa carreira nocturna 10K. Deles, destacou especialmente Jordi Carrasco, quen cun tempo de 33’29” acadou o segundo posto absoluto, a pouco máis de vinte segundos do vencedor. Ademais, tamén estiveron presentes Nuria Mejuto, 9a muller (segunda sénior) con 49’03”; Jose Sandá, 18° con 35’56”; Gerardo Cachafeiro, 25° con 37’53”; Juan Luis Botana, 79° con 42’05”; Juan Botana 112° con 48’11”; e Jesús Cabo, 132° con 57’19”.

Pola súa banda, no norte da provincia de Lugo, tamén na xornada do sábado, Sindo González participou no V Circuíto Urbano Nocturno Burela Bonita, acadando un brillante décimo oitavo posto, con 17’45”.