Pechouse o VI Campus de Verán con éxito de participación

  • Entre as dúas semanas, máis de cen participantes gozaron das actividades e xogos preparados polos adestradores
  • Segundo Rey patrocinou esta sexta edición celebrada en As Cancelas

O VI Campus de Verán da SD Compostela, organizado pola Fundación, pechouse onte tras dúas semanas cargadas de exercicios e xogos de todo tipo, sempre co balón como protagonista.

Patrocinado por Segundo Rey SL, a actividade estrela da base branquiazul na tempada estival tivo un éxito de inscricións, sumando máis de cen participantes.

Os máis de sesenta rexistrados dos primeiros cinco días e os máis de cincuenta da segunda quenda viviron unhas grandes xornadas lúdicas, nas que gozaron coas diferentes propostas dos adestradores, sempre baixo un ambiente no que se primou o compañeirismo, así como os bos valores que acompañan á práctica deportiva, en xeral, e ao fútbol, en particular.

Nenos e nenas, divididos en grupos reducidos por idades e niveis, tiveron tempo para practicar e mellorar nas súas calidades futbolísticas, pero, sobre todo, fixeron novas amizades e viviron uns días cheos de compañeirismo, dando así a benvida ás súas vacacións de verán.

Ademais do traballo no campo de xogo, os participantes recibiron as visitas de varios integrantes do primeiro equipo da SD Compostela. Deste xeito, compartiron as súas experiencias cos pequenos, e mesmo xogaron con eles, Samu, Pablo Antas, Borja Rey, Pato Guillén e Primo.

Por todo iso, o club quere agradecer tanto aos pequenos, polo seu gran comportamento nestas semanas, como aos seus proxenitores que escollesen o Campus de Verán do Compos como alternativa para a conciliación familiar e gozar deste inicio de verán.

Así mesmo, a entidade agradece a axuda das empresas que, co seu apoio, fixeron posible a realización dunha nova edición. Encabeza esta familia empresarial Segundo Rey SL, patrocinador principal, e xunto a el podemos nomear a Gadis, Witland, Kia Compostela Concesionario, Sousas, Adidas, Fútbol Emotion, Lois Cervecería, Gráficas Alonso, Concello de Santiago e a Deputación da Coruña. Moitas grazas, é un orgullo contar co voso apoio!!!

Campus Compos

Ao mesmo tempo, en Negreira, a primeira edición do Campus Compos na localidade nicrariense pechou onte a súa primeira semana coa visita de Roberto Baleato. Os pequenos pasárono en grande nestas cinco xornadas e, proba diso, é que moitos deles repetirán a partir do luns na segunda semana.

Pola súa banda, seguen abertas as inscricións para o I Campus Compos de Padrón, celebrado en colaboración co Stellae FS, e o II Segundo Campus Compos de Melide, en colaboración co CF CIRE Melide. Ambos celebraranse do 19 ao 23 e do 26 ao 30 de xullo, polo que as inscricións (pódense realizar na nosa web www.sdcompostela.comhttp://www.sdcompostela.com/) pecharanse nestes próximos días.