Inicio da Pretempada e primeiras fichaxes do Xuvenil A

Na tarde de onte, no Campo do Doce (A Escravitude), o Xuvenil A arrincou, precisamente, a súa pretempada para preparar o seu regreso, tras dezaoito anos, á División de Honra. Foi unha primeira toma de contacto para os canteiráns branquiazuis neste periodo estival.

Ao mesmo tempo, xa se deron a coñecer dúas das novas caras que integrarán o equipo branquiazul na máxima categoría xuvenil. O primeiro deles é Izan Márquez, lateral esquerdo que chega tras unha longa traxectoria no Conxo Santiago, co que xa competiu nesta liga, e que está a realizar a pretempada co primeiro equipo. Pola súa banda, a segunda incorporación e Hugo López ‘Chucas’, mediocentro coruñés con pasado na canteira do RC Deportivo da Coruña e que as dúas últimas campañas xogou no Ural CF, competindo na División de Honra.