Aberto o prazo de preinscrición para a base da SD Compostela

  • Os interesados deben cubrir o formulario que se atopa nesta noticia e na web
  • Pódense preinscribir en todas as categorías, desde biberóns ata xuvenís

A Sociedade Deportiva Compostela ten aberto xa o prazo de preinscrición para as súas categorías inferiores para a Tempada 2021/22. Os proxenitores interesados poden cubrir a solicitude na ligazón creada para o efecto (https://bit.ly/BaseCompos2122), a cal tamén se ten acceso na páxina principal da web do club (www.sdcompostela.com).

O prazo para anotarse está dispoñible dende xa, e para recibir máis información quedan habilitados o correo electrónico coordinadorbase@sdcompostela.com e o número de teléfono 652 07 52 76 (Víctor Pazos).

Información sobre Categorías. A preinscrición está aberta dende os máis pequenos da familia branquiazul, a categoría biberón (nados en 2016-2017), ata os maiores da nosa base, os xuvenís (2003-2005).

As cotas nas categorías, en función da modalidade, oscilarán entre os 25 e os 28 euros ao mes. Ademais, cabe recordar que os xogadores da canteira da SD Compostela dispoñen de importantes descontos en todas as actividades que realiza o club para eles (Campus de Verán, Campus de Nadal ou Campus Compos), así como na Escola de Tecnificación.

Do mesmo xeito, os canteiráns branquiazuis desfrutan de descontos na Academia de Estudos da SD Compostela, situada nas Cancelas (Rúa das Cancelas, 111), a cal ofrece clases de reforzo para nenos e nenas de 9 a 18 anos de todas as materias, cun horario que se adapta aos adestramentos dos participantes.

Non agardes máis, súmate ao sentimento branquiazul. Contamos contigo!!!