Gran participación da SD Compostela Atletismo en Ribeira

Trala xesta acadada a pasada fin de semana polos nosos corredores no Camiño dos Faros, esta fin de semana foron varios os que quixeron poñer un dorsal para competir.

Nestas dúas novas xornadas de probas atléticas, destacou o segundo posto, en categoría elite, de Damián Espasandín nunha carreira de 10 quilómetros OCR nas Illas Canarias; así como a vitoria de Jordi Carrasco nos 5k de Ribeira, cun tempo de 16’18”.

Nesta mesma carreira da diversidade da vila ribeirense tamén houbo grandes resultados para a SD Compostela Atletismo. Shaila Muñiz, terceira absoluta con 21’12”; Nuria Mejuto, sétima con 23’04”; Jose Ramón Ruanova, trixésimo sétimo con 22’55”; e Fran Méndez, décimo oitavo con 19’34”.

Pola súa banda, o sábado, en Noia, disputouse un control de marcas coa participación de Yago Iglesias, nos 1.000 metros, sendo segundo con 2’47”; e Pedro Pazos, nos 400 metros, con mellor marca persoal cun tempo de 1:02.03, acadando o cuarto posto da súa serie.