A SD Compostela Atletismo volve a competir en Santiago

Gran fin de semana para a SD Compostela Atletismo, con ampla participación dos seus atletas, especialmente, na Milla Portas de Compostela.

A actividade arrincou na noite do sábado, coa presenza de catro atletas en Nigrán (Pontevedra), para competir na V carreira nocturna H2K, con distancias de 5 e 10 quilómetros. Na proba, Javier De Dios foi segundo absoluto con 16’39”, na carreira curta; e Jordi Carrasco, terceiro absoluto, na de 10k con 34’12”. Ademais, Nuria Mejuto foi sexta clasificada absoluta con 24’16” e Javier Prado obtivo o posto 47 con 24’06”.

Mentres tanto, entre a natureza, Jorge Castro e Silvia Fernández estiveron no XtoSinTrail, rematando 54 absoluto e 17 feminino, respectivamente.

Xa o domingo, a proba estrela da fin de semana, despois de moito tempo, tivo lugar en Compostela, unhas rúas que volveu a pisar a SD Compostela Atletismo para participar no Campionato de Galicia de Milla e 1km. para menores, no evento III Portas de Compostela, carreira disputada entre a rúa da Senra (Porta Faxeira) e a Porta de Mazarelos.

Na cita da capital galega, houbo unha gran representación branquiazul, destacando os podios de Yago Iglesias, terceiro en Sub16 con 2’56”; Amador Pena, segundo en M40; e Jose Sanda, Campión de Galicia en M35. Ademais, tamén tiveron unha destacada actuación, moi preto dos postos de honra e con marcas persoais, Manuel Castiñeiras, quinto en M40 con 5’20; Antonio Vázquez, cuarto en M50 con 5’21; Emilio Garcia, sétimo en M45 con 5’29; Gerardo Cachafeiro, undécimo sénior con
5’42; Juan Alvarellos, décimo M40 con 5’54; Juan Luis Botana, duodécimo M40 con 6’01; Roi García, duodécimo M40 con 6’30; Juan Botana, cuarto en M65 con 6’58; Xavier Rozados, 13o sénior con 6’58; e Bartolomé Balsa, 11o M45 con 7’16”.

Nos cativos, a maiores da medalla de Yago, houbo unha estupenda participación con Eric Iglesias, Antón Monteagudo, Clara López, Africa Gil , Lucía Taboada, Marcos Barcala (que tamén estivo a tarde anterior axudando ao Millaraio nos 2000 Marcha), Paula Fernández (cuarto posto con 3’23”), Diego Muñiz (18o con 3’47”) e Ian Torres (18o con 3’43”).