A SD Compostela Atletismo, presente en Barcelona e Madrid

Nunha fin de semana de pouca actividade en terras galegas, en termos atléticos, a SD Compostela estivo presente en Barcelona, nunha media maratón, e en Madrid, nunha proba de sete quilómetros.

En ambos lugares, as cores branquiazuis volveron a brillar.

O sábado, Jordi Carrasco acadaba a súa Mellor Marca Persoal na Media Maratón de Granollers (Barcelona), nunha proba con 3000 participantes. O atleta compostelanista parou o crono nun tempo sensacional de 1 hora 12 minutos e 45 segundos.

Pola súa banda, en Madrid, Elena Veres e Lara Salgado coparon os postos do podio nunha proba de 7 quilómetros que estivo marcada polas altas temperaturas.

Mentres tanto, en Galicia, Daniela e Claudia participaron o sábado no Pequetrail de Vilatuxe, mentres que o domingo déronlle paso ao noso participante en categoría absoluta, Javier de Dios Rodríguez, quen obtivo unha brillante sexta posición, aínda que condicionado por saír nos últimos grupos co hándicap de ter que adiantar a numerosos atletas que o precedían.

Ao mesmo tempo, recordar que segue activo o sorteo no Facebook da SD Compostela o sorteo dunha camisola da segunda equipación do equipo de fútbol e outra da SD Compostela Atletismo. Para participar, hai que responder a unha sinxela preguntar, compartir e seguir as páxinas oficiais de ambas seccións.