Primeiro Campus Compos en Negreira

Terá lugar do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de xullo no Campo de O Cepelo para nenos e nenas de 4 a 18 anos

Dentro do convenio de colaboración asinado entre a Sociedade Deportiva Compostela e a Asociación Deportiva Nicrariense, este verán celebrarase a primeira edición do Campus Compos de Negreira, unha actividade dirixida a nenos e nenas de 4 a 18 anos que terá lugar do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de xullo no Campo de Fútbol de O Cepelo (Negreira).

O Campus, en horario matinal de 9.00 a 14.00 horas (con posibilidade de madrugadores ás 8.30 horas), ofrecerá aos participantes unha oportunidade de gozar do fútbol nun ambiente lúdico e seguro, no que se primará o desenvolvemento social dos pequenos. Ademais, cumpriranse todos os protocolos e medidas sanitarias marcadas polas autoridades sanitarias, no marco actual de pandemia da covid-19.

Así mesmo, os participantes terán un seguro de accidentes que responderá ante calquera problema que puidese xurdir. E, a maiores, por participar recibirán, un pantalón e camiseta ao comezo da semana.

Os prezos, por semana, varían en función das distintas modalidades previstas. Así, a tarifa xeral será de 140€; para abonados ou fillos de abonados das entidades, 125€; para os xogadores da base de ambos clubs, 90€; e para irmáns de inscritos, 70€.

O prazo de inscrición está xa aberto e os interesados poderán recibir máis información no mail

coordinadorbase@sdcompostela.com

ou no teléfono 652 075 276.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN na SEGUINTE LIGAZÓN:
https://forms.gle/nMKoyeVrsMGDv4CL9