Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Pre infantil: Clínica Baltar Obradoiro

Derrota para o Clínica Baltar ante o Porriño Baloncesto Base nun partido marcado polo desacerto (82-56)

O pavillón municipal de Porriño acolleu o partido de volta entre o PBB e o Clínica Baltar Obradoiro, nun encontro marcado polas imprecisións dos visitantes que permitiron que o seu rival puidese anotar moitos puntos a campo aberto.

O inicio do partido foi moi similar ao da semana anterior, cun alto ritmo de xogo, pero con falta de acerto por ambos equipos.

Con todo, os obradoiristas cometeron demasiadas imprecisións que o seu rival aproveitaba para lograr as primeiras vantaxes ao seu favor.

No segundo cuarto os obradoiristas atoparon un bo nivel de xogo, logrando frear o ataque do Porriño Baloncesto Base e controlaron as perdas de balón. Desta forma a distancia foise aos poucos reducindo e só as baixas porcentaxes impedían que os visitantes lograsen a remontada.

O gran esforzo que o Clínica Baltar Obradoiro realizara durante o segundo cuarto e a desvantaxe que a pesar de todo se mantiña no electrónico, fixo que os de Santiago se acelerasen na saída do terceiro cuarto, algo que aproveitaría o seu rival para endosar un novo parcial de 8-0 e romper o partido.

Nos últimos minutos os obradoiristas seguiron loitando, pero a gran distancia no marcador fixo que os locais seguiran dominando o ritmo e aproveitaron o seu acerto para vencer por 82-56.

https://competiciones.fegaba.com/competicion/2168