
Cadete: Balidea Obradoiro
O Balidea Obradoiro vence ao Seis do Nadal na súa visita a Vigo (39-106)
O partido comezou algo frío e con pouco ritmo por parte dos dous equipos, que cometían erros nos seus primeiros ataques. Os locais conseguían anotar en contraataques e tiros de tres, e os obradoiristas reaccionaban cara ao final do primeiro cuarto, chegando ao final deste cun 12-15 no marcador.
No segundo cuarto, os do Balidea Obradoiro metéronse de cheo no partido, subindo moito a intensidade defensiva e o dominio dos taboleiros, sendo así capaces de correr e abrir unha vantaxe de 16 puntos ao descanso (28-44).
Na segunda parte, os de Santiago pisaban aínda mais o acelerador e os locais xa non podían seguir o ritmo do partido. Nos primeiros minutos do terceiro cuarto, os visitantes demostraban ter o dominio total do encontro.
No ultimo cuarto, o partido seguiu co dominio absoluto do Balidea Obradoiro, chegando ao final do mesmo cun resultado de 39-106.
Os parciais de cuartos foron: 12-15, 16-29, 6-28 e 5-34.
O vindeiro sábado, o Balidea Obradoiro viaxará a terras ourensás para medirse ao Bosco Ourense.