Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Junior: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro lévase un vibrante choque contra o Seis do Nadal (75-64)

O Obradoiro Peleteiro conseguiu a vitoria no primeiro partido contra Seis do Nadal.
O partido comezou cos dous equipos moi motivados e atopando vantaxes desde o inicio. Os de Vigo a través do rebote ofensivo, onde foron capaces de castigar aos locais en varias ocasións, mentres que os de Santiago fixeron dano a través dun gran acerto desde o perímetro.

No segundo cuarto continuou o partido de maneira parecida. O Obradoiro Peleteiro mantivo o seu nivel de acerto, pero agora castigando a través do bloqueo indirecto e do balón interior. Pero o Seis do Nadal mantiña o dominio no rebote defensivo, o que lles permitía correr e anotar puntos ao contraataque, chegando ao descanso cun marcador moi axustado, 42-40.

No terceiro cuarto o acerto de ambos os equipos comezou a baixar, algo que aproveitaron os locais para pechar mellor o seu aro e lograr unha vantaxe de once puntos. Con todo, cando parecía que o partido podía romper, os visitantes volveron poñer a igualdade no marcador grazas a varias triplas consecutivas.

Foi neste momento, no que, a falta de tres minutos para o final do encontro, o Obradoiro Peleteiro mantivo o seu mellor nivel defensivo, que lles permitiu anotar varias canastras en contraataque que lles acabou dando a vitoria por un 75-64 final.

Os parciais de cada cuarto foron: 19-19, 23-21, 15-11, 18-13.

O próximo partido será a volta contra Seis do Nadal, o domingo, ás 19:00 horas.