Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

1ª división Senior: Obradoiro USC

O Obradoiro USC faise coa vitoria no partido ante o Meco RAFONCA e estará na fase de ascenso á Liga EBA (64-58)

O Obradoiro USC conseguiu unha vitoria importante ante o Meco RAFONCA, baseada na defensa (64-58), conseguindo así clasificarse para a fase de ascenso á Liga EBA.

O partido comezou con moi pouco acerto por parte dos dous equipos. A defensa de ambos destacou e limitou as opcións de meter preto o aro. O Obradoiro USC foi capaz, a partir do minuto 5, de mellorar a súa defensa estando ben nas liñas de pase, e puido roubar balóns para correr en contraataque.

No segundo cuarto, grazas a bo traballo colectivo no rebote ofensivo, o Obra comezou a atopar canastras fáciles debaixo o aro e foi capaz de anotar desde o perímetro. Pero o equipo do Grove foi capaz de seguir ben o ritmo e chegouse con empate ao descanso.

O terceiro cuarto foi a favor do equipo meco. Nos primeiro cinco minutos o Obradoiro USC empezou ben, circulando o balón e atopando aos seus tiradores, pero o Meco deu moitos problemas coa súa defensa, facendo dano a través do bloqueo directo e en contraataque. Isto xunto co pouco acerto nos tiros preto ao aro, fixo que o Obra acabase o terceiro cuarto perdendo de 2 puntos.

No último cuarto, os obradoiristas atoparon a súa mellor versión. Mantendo o seu bo nivel defensivo, foron capaces de atopar no perímetro e meter canastras importantes preto o aro. O gran nivel defensivo do 1×1, a rotación de axudas en equipo e o bloqueo do rebote foi clave para facerse coa vitoria.

Os parciais de cada cuarto foron: 13-13, 17-17, 13-15, 21-13.

O próximo partido será a volta contra O Meco, o sábado 8 de maio, no Grove.

https://competiciones.fegaba.com/competicion/2117