Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda despide unha gran tempada coa máxima anotación do ano ante o Calvo Basket Xiria (107-96)

O Obradoiro Silleda enfrontouse a un Calvo Basket Xiria que chegaba a Silleda coa necesidade de gañar para evitar os postos de descenso. Na outra parte, os obradoiristas querían finalizar a Liga con boas sensacións despois dunha dura derrota a semana anterior, e conseguírono cun xogo alegre, no que se foron á máxima anotación da tempada grazas a un tremendo acerto desde a liña de tres puntos.

Comezou o partido cun alto ritmo de xogo no que, tras un par de posesións sen acerto para os visitantes, entráronse en minutos no que houbo un constante intercambio de golpes. Avanzaba o primeiro período con igualdade ata que, en tres grandes minutos o Obradoiro Silleda pechou o primeiro cuarto cun parcial de 18-8 que lles permitía despegarse no marcador.

Con todo, o Calvo Basket Xiria xogábase demasiado e non estaba disposto a permitir que os locais se escaparán, impoñendo un alto nivel físico durante o segundo cuarto e unha constante alternancia de defensas zonais que lles permitiu reducir a diferenza e chegar ao descanso cunha vantaxe de 48-54.

Tras o paso por vestiarios, o Obradoiro Silleda volveu controlar o ritmo de partido, subindo a velocidade do xogo e anotando desde todas as posicións para darlle a volta ao electrónico e volver dominar o choque.

No último cuarto os visitantes empezaron castigando desde o tiro libre, o que, sumado ao seu gran nivel de xogo, facíalles soñar coa remontada. Pero o alto acerto dos obradoiristas nos últimos minutos fixo que a vitoria quedase en casa e o Obradoiro Silleda certificase a súa décimo quinta vitoria da tempada por un 107-96.

Os parciais por cuartos foron: 35-26, 13-28, 34-16 e 25-26.

https://baloncestoenvivo.feb.es/partido/2174878

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: B. A Nongo (12), N. González (11), C. Hernández (-), G. Jofresa (29), M. López (4), M. Fernández (32), G. González (3), P. Pérez (3), M. Paz (4), A. Serrano (1), C. Taboada (4) e R. Cubero (7).

Con esta nova vitoria o Obradoiro Silleda pecha unha fantástica tempada en segunda posición empatado co primeiro clasificado, cun balance de 15 vitorias e 5 derrotas que lles deixou ás portas da fase de ascenso a LEB Prata, sendo o segundo mellor clasificado dos trinta e tres equipos da Conferencia A.

https://baloncestoenvivo.feb.es/resultados/ligaeba/3/2020 (Liga Regular A-C)