Crónicas canteira Obradoiro-CAB

Infantil: Opticalia Obradoiro

Nova vitoria para o Opticalia Obradoiro na pista do CB Noia Liceo (12-63)

O Opticalia Obradoiro disputou un novo encontro da 2a División Infantil do grupo de Santiago na pista do CB Noia Liceo e os obradoiristas conseguiron voltar cunha vitoria (12-63).

Desde o salto inicial, o Opticalia Obradoiro mostrouse superior, mandando no marcador a través de ataques rápidos e do seu dominio no rebote ofensivo.

Nos primeiros minutos os locais conseguían manter a igualdade grazas a unha boa circulación de balón, pero pronto se viron superados pola intensidade defensiva dos visitantes e quedaron estancados en sete puntos.

Os obradoiristas controlaban o partido desde a súa presión defensiva e aos poucos ía ampliando a vantaxe ao seu favor, chegando ao descanso cunha importante venda de 12-50.

Tras o paso por vestiarios a dinámica non cambiou e, cunha gran saída de terceiro cuarto, os obradoiristas endosaron un novo parcial que acabou por pechar o partido cun 12-63.

Os parciais por cuartos foron: 7-26, 5-24 e 0-13.