Crónicas canteira Obradoiro-CAB

Cadete: Oca Hotels Obradoiro

O Oca Hotels Obradoiro, Campión de Liga do grupo de Santiago (44-73)

O Oca Hotels Obradoiro enfrontouse ao Básquet Ames, nun encontro no que se decidía quen se proclamaba campión do grupo de Santiago. Os obradoiristas fixéronse coa vitoria por 44 a 73, logrando así o pase para enfrontarse aos campións do resto de delegacións de Galicia.

O partido comezou con moi pouco ritmo por parte dos dous equipos e con moito desacerto pola tensión do encontro, chegando ao intermedio do primeiros cinco minutos cun 2-6 no marcador. Os locais controlaban o ritmo do partido nestes primeiros instantes, chegando ao termo do primeiro cuarto cun 14-19 no marcador.

No segundo cuarto, os locais trataban de seguir castigando a defensa visitante a través de longos ataques, pero os obradoiristas empezaron a subir o ritmo do encontro desde a defensa, chegando ao descanso cun 30-39 ao seu favor.

O paso polos vestiarios permitiu aclarar as ideas do Oca Hotels Obradoiro e mellorar a súa posta en escena na segunda metade, levando o partido ao ritmoque máis lle interesaba e despegándose no marcador a falta de tan só dez minutos, cun 40-57 ao seu favor.

Nos últimos minutos, o Básquet Ames tratou de competir ata o último instante, pero a defensa obradoirista freou calquera intento de reacción para certificar a vitoria e o título de Liga por un meritorio 44-73 ao seu favor.
Os parciais por cuartos foron: 14-19, 16-20, 10-18 e 4-16.