Crónicas canteira Obradoiro-CAB

1a división Senior Fase Final: Obradoiro USC

O Obradoiro USC non conseguiu a vitoria na Fase Final da División Senior

O Obradoiro USC rematou a tempada competindo ante os mellores, pero sen poder despedirse cunha vitoria nunha fin de semana intensa na Fase Final da 1a División Senior Masculina.

Os obradoiristas disputaron o encontro de semifinais ante o Bosco Ourense, partido que comezou co Obradoiro USC levando a iniciativa grazas a unha defensa agresiva combinado cunha defensa de axustes para evitar que o Bosco atopase as vantaxes.

No segundo cuarto, os composteláns xogaban rápido en contraataque, atopando posibilidades de anotar debaixo do aro. Pero foron os ourensáns os que atoparon a súa primeira vantaxe, cun gran acerto dende o perímetro, castigando ao Obra polas malas rotacións defensivas.

Despois do descanso, o Bosco Ourense continuou co seu gran acerto desde o perímetro e cun alto nivel defensivo, que causou moitos problemas ao Obra na circulación do balón cando buscaba vantaxes interiores. Pero o Obra non baixou
a cabeza e no último cuarto volveu a meterse en partido grazas a un gran traballo ofensivo e nas liñas de pase no defensivo.

Nos últimos minutos o Bosco sentenciou o encontro con dúas triplas clave para levarse a vitoria e o pase á final (87-77).
Os parciais de cada cuarto foron: 10-15, 30-21, 27-17, 20-24.

No segundo partido o Obradoiro USC enfrontouse ao Sigaltec Vilagarcía.

Ambos equipos comezaron lentos e ningún dos dous atopaba acerto ofensivo nin defensivo. Pero grazas ao traballo no rebote dos composteláns, foron capaces de limitar ao Sigaltec.

No segundo cuarto, os de Vilagarcía mostraron a súa mellor capacidade ofensiva, atacando ao Obra cun gran xogo sen balón causando moitosproblemas ao Obra con cortes ao aro, conseguindo así unha gran vantaxe no electrónico.

Seguiu en boa dinámica o Sigaltec depois de pasar polo vestiario, castigando ao Obra cunha gran defensa nas liñas de pase, roubando balóns e anotando en contraataque. O Obra axustou a defensa e o ataque e, grazas a un traballo duro
defensivo no 1×1 e á defensa colectiva, volveu ao partido.

O derradeiro cuarto foi máis axustado, onde destacaron as defensas de ambos equipos. O Obra levaba a iniciativa ata os últimos momentos, onde un par de perdas na saída ao contraataque deu a vantaxe a Sigaltec para facerse coa
vitoria (82-69).

Os parciais de cada cuarto foron: 16-13, 24-16, 25-26, 17-14