Fin de semana de debuts na SD Compostela Atletismo

Na fin de semana das Letras Galegas, os nosos estiveron presentes en diversas probas da comunidade, vivindo a estrea de varios atletas branquiazuis en distintas modalidades.

Venres

O venres tivemos unha gran participación dos nosos cativos nas pistas de Bastiagueiro. Ata Oleiros desprazáronse unha ducia de atletas do Compos para participar en distintas probas, algúns tendo a gran oportunidade de debutar gracias a esta cita organizada polo Club Atletismo Sada.

Abriu a xornada, Brais Sandá, no salto de lonxitude e 500 metros; e a continuación participaron en probas de velocidade (50, 60 e 80 metros e tamén en 500) Álvaro e Diego Muñiz, Xoel Otero, Clara e Irene Leis, Iara Torres, Ariana Iglesias, Lucía Taboada e África Gil. Pola súa banda, Yago e Ian competiron nos 600 metros.

Sábado

Pola súa banda, o sábado foi a quenda para o debut en pista de varios dos atletas adultos da SD Compostela Atletismo, competindo en Pereiro de Aguiar, nun trofeo organizado polo CD La Purísima.

Nos 100 metros tivemos a Santi Dapena, con 12.98; nos 400 metros, a Damián Espasandín, con 55.55, Santi Dapena, con 56.26, e Sindo González, con 59.90; e nos 1.500 metros, a Javier De Dios, segundo cun rexistro de 4:24, e Sindo González, no sexto lugar con 5:00. Nesta cita tamén desfrutamos da estrea no tartán de Paula Esteiro, nos 400 metros, cun rexistro de 1:14.

Mentres tanto, un habitual dos trails como Fran Méndez estivo presente na andaina de 50km das Torres de Altamira, en Brión, pero non foi andando precisamente, xa que completou o recorrido polo monte en menos de 5 horas.

Luns

E para pechar esta longa fin de semana, no día das nosas Letras Galegas, a SD Compostela Atletismo dedicou quilómetros de competición á escritora e poeta Xela Arias. Neste senso, moitos dos nosos atletas recitaron algúns dos seus versos na chegada á meta da Cidade da Cultura, nunha proba que partiu dende o alto do Pico Sacro.

Polas características da cita, os primeiros quilómetros de baixada obrigaban a regular o esforzo, pensando nas duras subidas do final, dun percorrido que transcorreu case na súa totalidade pola Vía da Prata do Camiño de Santiago.

Na proba houbo unha gran actuación do club, cunha numerosa participación dos nosos atletas. Entre eles, acadaron o podio, nas súas categorías, Iván Abeledo, Elena Veres, Silvia Fernández e Amador Pena.

Tamén brillaron entre as primeiras prazas Manu Castiñeiras, José Sandá, Martin Abelenda, Fran Méndez, Javier De Dios, Sonia Rodríguez e Jorge Castro.

Ademais, debutou despois dunha longa lesión, Borja Cardesín, mentres que Antonio Vázquez, despois de percorrer en bicicleta o traxecto Sarria-Santiago, realizou a proba a un ritmo moi suave.

Tamén participou, cun gran resultado, outro gran atleta coñecido por toda a afección compostelanista, Juan Amigo “Juanito”.