Control de marcas para o Compos en Noia

A vila mariñeira de Noia acolleu, unha vez máis, no estadio de San Lázaro aos atletas da SD Compostela Atletismo. Como na última visita fíxoo nun control de marcas organizado polo club Fontes do Sar, Millaraio e Club Atletismo Noia, con distintas probas para tódalas idades.

Os atletas dos clubs organizadores tiñan prioridade de participación, polo que dos nosos puideron ser admitidos nos 50 metros sub-10 Eric Iglesias, que mellorou a súa marca; Iara Torres, Lucía Taboada e Africa Gil, nos 60 metros Sub-12, mellorando todas elas os seus rexistros anteriores; e Diego Muñiz, nos 80 metros Sub-14, cun fantástico rexistro.

Pola súa banda, Paula Pérez gañou a proba dos 1000 metros, cunha fantástica marca de 3:17”, mellorando nada menos que en 13 segundos o seu anterior rexistro na distancia.

E en adultos, Roi Porteiro participou, cunha marca de 29”, nos 200 metros, unha proba na que caeu lesionado, polo que non puido tomar a saída nos 800 metros, onde si estivo Amador Pena, acadando un rexistro de 2:02”.

No horizonte preséntanse varios campionatos, polo que os nosos atletas seguirán intentando mellorar as súas marcas nas vindeiras semanas.