Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Cadete: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence ao Seis do Nadal de Vigo (84-42)

O encontro comezou con bo ritmo por parte de ambos equipos, que apostaban por unha defensa agresiva a todo campo.

O Balidea Obradoiro, aos poucos, comezaron a abrir distancia no marcador grazas a transicións rápidas e ao dominio do rebote en ambos taboleiros, chegando ao final do primeiro cuarto cun 22-9 ao seu favor.

No segundo cuarto, os obradoiristas xogaban a súa mellor versión en ataque e en defensa e, grazas a unha boa selección de tiro e acerto desde a liña de 3 puntos, chegaron ao descanso cun 51-16 no luminoso.

Nos dous últimos cuartos, o Seis do Nadal facía un gran esforzo por non irse do partido e seguir competindo. As rotacións do Balidea Obradoiro non atopaban o acerto de cara ao aro que tiveron na primeira parte e o partido baixou no seu ritmo, intensidade e acerto, manténdose as diferenzas no marcador da primeira parte, chegando ao 84-42 final.

Os parciais de cuartos foron: 22-9, 29-7, 16-11 e 11-15.

https://competiciones.fegaba.com/competicion/2146