Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Junior: Grupo Caeiro Obradoiro

O Grupo Caeiro Obradoiro logra un novo triunfo ante o Básquet Ames (47-83)

O Grupo Caeiro Obradoiro volveu visitar o pavillón municipal de Milladoiro para enfrontarse ao Basquet Ames, nun encontro que conseguiron dominar no terceiro cuarto (47-83).

Arrincou o encontro cos locais sumando puntos a campo aberto e cun gran acerto desde o tiro libre, os visitantes mantiñan un bo nivel de xogo, pero a súa falta de acerto só lles permitía lograr catro puntos ao final do primeiro período.

Pasaban os minutos e os obradoiristas seguían por riba no marcador, pero concedendo numerosas faltas de tiro que axudaban ao rival para manterse no encontro desde a liña de tiro libre, chegando ao descanso cun 27-38 para o Grupo Caeiro Obradoiro.

Xa no terceiro cuarto os obradoiristas atoparon o seu mellor nivel, sendo capaces de roubar balóns en primeira liña de pase e anotando en contraataque para lograr un parcial de 12-0 que os colocaba cunha renda importante no marcador.

No último período, e cos visitantes vinte puntos por riba, o partido entrou nun momento de intercambio de canastras que finalizaría cunha vitoria obradoirista por un 47-83 final.

https://competiciones.fegaba.com/competicion/2035