Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

1ª división Senior: Obradoiro USC

O Obradoiro USC acada unha vitoria ante o Seis do Nadal, coa defensa como protagonista (56-70)

O Obradoiro USC visitou esta fin de semana a pista do Seis do Nadal, de onde conseguiu volver con unha vitoria (56-70).

O encontro comezou co Obradoiro USC levando o ritmo e sendo agresivos no 1×1 para anotar canastras preto do aro. Pero enseguida remontaron os locais, forzando aos obradoiristas a parar o encontro e axustar a defensa.

Os vigueses mantiveron o seu bo traballo en ataque, castigando desde o rebote ofensivo. Pero foi o Obradoiro USC o que rematou o cuarto forte, grazas a uns bos pases de saída en contraataque, conseguindo así as primeiras vantaxes ao finalizar o cuarto.

No segundo cuarto destacaron as defensas por parte de ambos conxuntos. Os obradoiristas intentaban xogar a partir de situacións de poste baixo que foron ben defendidas polo conxunto local. O ritmo do encontro baixou e o Obra chegou ao descanso cunha pequena vantaxe de 4 puntos.

No terceiro cuarto, o Obra volver saír agresivo buscando máis situacións de 1×1 aberto e intentando subir o ritmo de partido dende o contraataque. Os obradoiristas non tiñan acerto dende o perímetro a pesar de ter boas oportunidades.

No último cuarto o ritmo do partido foi baixando e a defensa en media pista subiu o seu nivel. O Obradoiro USC foi capaz de dominar cunha gran defensa do bloqueo directo e pechando o rebote para dar poucas oportunidades aos de Vigo e conseguiron facerse coa vitoria.

Os parciais de cada cuarto foron: 16-20, 14-14, 14-19, 12-17.

O próximo encontro será ante o Meco, o sábado 1 de maio en Santiago.

https://competiciones.fegaba.com/competicion/2117