Crónicas canteira: Obradoiro CAB SAD

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda cae en Chantada e non consegue clasificarse para a fase de ascenso (75-59)

O Obradoiro Silleda mediuse ao UCOGA Seguros C.B. Chantada Ensino, campión das últimas tres tempadas, para tratar de acabar co seu dominio na categoría. Pero os obradoiristas non foron capaces de igualar o nivel de acerto dos locais e acabaron cedendo o título ao UCOGA CB Chantada (75-59).

Os de Chantada marcaron o ritmo de xogo e aproveitaron varios descoidos defensivos dos obradoiristas. Os visitantes precisaron un tempo morto para reaccionar, mostrándose máis serio e igualando aos poucos o marcador.

Os locais facían todo o posible para evitar as saídas de contraataque dos visitantes e en xeral calquera vantaxe de un por un o que, unido á acumulación de faltas técnicas e antideportiva nunha falta no medio campo aos visitantes, facía que o C.B. Chantada estirase a vantaxe ata o 43-36 ao descanso.

Tras o paso por vestiarios, o Obradoiro Silleda subiu o seu nivel defensivo e, a pesar de seguir sen atopar acerto desde máis aló do 6,75 (tan só un 16% de acerto no triplo) mantíñanse en todo momento no partido. Foi nese momento no que os locais mostraron a súa madurez e control do tempo do encontro, aproveitándose da falta de acerto do seu rival e de accións precipitadas que cometeron durante o últimos dez minutos para, desta forma, rematar por romper o partido e alzarse un ano máis co título de campións grazas a un balance de 15 vitorias e tan só 5 derrotas.

Os parciais por cuartos foron: 24-21, 19-15, 17-16 e 15-7.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: N. Barreiro (15), B. A Nongo (-), N. González (-), C. Hernández (7), G. Jofresa (7), M. Souto (2), M. López (-), M. Fernández (10), G. González (4), M. Paz (5), C. Taboada (5) e R. Cubero (4).

https://baloncestoenvivo.feb.es/partido/2174874

A próxima fin de semana o Obradoiro Silleda finalizará a Liga no pavillón César González Fares de Silleda recibindo ao Calvo Basket Xiria, o sábado a partir das 19:00 horas, co obxectivo de despedir a tempada cunha vitoria que os converta no mellor segundo clasificado dos grupos da División A.

https://baloncestoenvivo.feb.es/resultados/ligaeba/3/2020