Crónicas canteira Obradoiro-CAB

Infantil: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro gaña o partido de volta en Vilagarcía (36-85)Retomouse a competición despois da Semana Santa e o Cenor Obradoiro conseguiu unha vitoria en Vilagarcía, nun partido que se dominou en todo momento (36-85).

O partido comezou con desacerto por parte de ambos os equipos ata que os visitantes se concentraron e anotaron un parcial de 2-13. Os locais empezaron a xogar con mais comodidade ante o baixón defensivo dos obradoiristas chegándose ao final do primeiro período 8-17.

No segundo período, os visitantes baixaron o ritmo defensivo aínda máis, permitindo aos locais xogar con comodidade. A pesar diso, o maior acerto a canastra visitante aumentou as diferenzas no marcador e 20-35 no electrónico.

Tras o descanso, os visitantes imprimiron unha marcha máis ao xogo tanto en defensa como en ataque, o que permitía canastras de contraataque (29-57).

O último período foi un calco do terceiro, cun altísimo ritmo de xogo que fixo que a diferenza no marcador se disparase e daba un resultado final de 36-85 para os obradoiristas.

Os parciais por cuartos foron: 8-17, 12-18, 9-22 e 7-28.