
Cadete: Oca Hotels Obradoiro
O Oca Hotels Obradoiro logra unha nova vitoria como local (78-53)
Xornada matinal para os cadetes de primeiro ano que se impuxeron ao único equipo invicto xunto aos nosos, e asumen o liderado en solitario da competición.
O encontro comezou cun ritmo trepidante e as imprecisións sucedéronse en ambos lados da cancha, ata que os locais tranquilizaron un pouco o seu xogo sen baixar o ritmo.O acerto local na longa distancia (cinco triplos neste cuarto) empezou a crear as primeiras vantaxes non marcador (26-15).
O segundo cuarto empezou coa mesma tónica e ante o gran acerto de máis alá de 6,75 os nosos cadetes limitáronse a xogar cun só pase e os ataques empezaron a perder efectividade ante a falta de movemento de balón (46-27 ao descanso).
Despois do descanso os locais volveron defender e tentar xogar en equipo atacando con máis criterio, pero con moita menor efectividade que na primeira parte. Aínda así, o esforzo en defensa impedía aos visitantes anotar con asiduidade (61-34).
O último cuarto foi a demostración da falta de concentración de moitos dos xogadores, que deron o partido por finalizado antes de tempo e os visitantes gañaron o cuarto (17-19), deixando un resultado final de 78-53.
Os parciais por cuartos foron: 26-15, 20-12, 15-7 e 17-19.
Para a próxima xornada visita, no derbi compostelán, á cancha do instituto Rosalía que servirá para rematar esta primeira volta.