Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira Obradoiro-CAB

Junior: Grupo Caeiro Obradoiro

Derrota do Grupo Caeiro Obradoiro nun final igualado fronte ao líder (58-62)

O Grupo Caeiro Obradoiro recibiu ao líder da competición, un CB Noia ao que se enfrontaban por cuarta vez nesta tempada. O Grupo Caeiro Obradoiro mostrou unha gran melloría respecto ao último encontro disputado contra os de Noia.

Na primeira parte os obradoiristas foron capaces de seguir o alto ritmo de anotación do seu rival, aproveitando cada posesión en lanzamentos ao aro e cometendo moi poucas perdas de balón. A igualdade no rebote permitía aos locais xogar a campo aberto e impedir que os visitantes se refuxiasen na zona 1-3-1 que tantos problemas xeráralles ao seu rival en encontros anteriores, chegando desta forma cun 28-32 ao descanso.

Xa na segunda parte, o Grupo Caeiro Obradoiro subiu aínda máis o seu ritmo en defensa, contaxiándose en ataque e atopando un gran acerto desde fóra da liña de tres que lles permitía poñerse por diante no marcador grazas a un parcial de 20-9 neste cuarto.Pero o C.B. Noia non se deu por vencido e, nun final de partido de máxima igualdade, o seu maior acerto nos minutos finais fixo que a vitoria quedase unha vez máis para Noia, acabando o encontro cun 58-62 ao seu favor.

A próxima fin de semana o Grupo Caeiro Obradoiro recibirá de novo no pavillón Lorenzo da Torre ao Basquet Ames.