Crónicas canteira Obradoiro-CAB

Junior: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro sofre a súa primeira derrota na pista do Cafés Candelas Ensino (71-59)

O Obradoiro-Peleteiro sofre a súa primeira derrota da segunda volta na pista do Cafés Candelas Ensino (71-59).
O partido comezou cos dous equipos fallando nos seus primeiros ataques, pero foron os locais os que atoparon o acerto dende o perímetro, deixando aos obradoiristas con só 6 puntos anotados.

No segundo cuarto, o Obra respondeu cunha boa circulación de balón e aumentando o nivel defensivo. Un bo traballo no rebote permitiu ao Obra meter varias canastras de segundas oportunidades e poder correr tamén ao contraataque.

O terceiro cuarto comezou como o primeiro: cos locais levando a iniciativa, pasando o balón e castigando aos obradoiristas nas situacións cos interiores. O Obra cometeu moitas faltas que levou ao equipo de Lugo a anotar dende a liña de tiros libres.

O último cuarto foi o máis igualado con ambos os equipos defendendo duro e deixando poucas oportunidades de anotación. Ao final a diferenza no marcador foi demasiado para o Obra e levou o partido o equipo de Lugo.

Os parciais de cada cuarto foron: 18-6, 8-24, 24-12, 21-17.