Crónicas canteira Obradoiro-CAB

1a División Senior: Obradoiro USC

O Obradoiro USC consegue a vitoria ante o Opticalia Eume grazas a un gran traballo defensivo (67-36)

O Obradoiro USC recibiu ao Opticalia Obradoiro nun partido no que se fixo coa vitoria grazas a un gran traballo defensivo (67-36).

O primeiro cuarto estivo definido pola defensa dos dous equipos, con ambos tendo problemas de anotación, pero cunha defensa moi forte no 1×1 e un gran traballo de rebote por ambas partes.

O segundo cuarto estivo marcado polos locais, que atoparon o seu acerto dende o perímetro e cunha gran defensa nas liñas de pase. Varios roubos en defensa tamén axudaron ao equipo a converter canastras en contraataque.

No terceiro cuarto, os obradoiristas recuperaron o nivel defensivo e aumentaron así a vantaxe no marcador, sendo máis sólidos diante e detrás.

Aínda que a diferenza no electrónico era ampla, o derradeiro cuarto foi o máis igualado e ambos equipos aproveitaron para rotar moito aos seus xogadores. O Obradoiro USC foi capaz de manter a vantaxe grazas a ataques rápidos a través
do pase e dun gran movemento de balón para meter varias canastras de dous puntos, facéndose así coa vitoria (67-36).
Os parciais de cada cuarto foron: 10-5, 19-8, 17-8 e 21-19.

O próximo encontro será contra o Seis do Nadal, o sábado 17 de abril en Santiago.