Tres xogadores do Oroso TM na Selección Galega

Uxio Pampin, Esteban Rodriguez e Sasha Malov, todos eles xogadores do Oroso TM, participaron onte domingo en Narón durante todo o dia na concentración de tecnificación que a Federacion Galega convocou co gallo de facer un seguemento ós mellores xogadores galegos de cara á determinar cales deles formarán parte das próximas Seleccións Galegas que participarán no Campionato de España en Idade Escolar. Uxio e Esteban, ambos infantís, optan a representar a Galicia na Selección Galega Cadete. Uxio, actual Campión Galego Infantil e o mellor galego clasificado no ranking nacional, ten serias opcións de ser titular na mesma. Pola súa parte, Esteban deberá loitar por unha das outras dúas prazas que quedarían no equipo para poder acompañar ó seu compañeiro de club.

En canto a Sasha Malov, sendo o xogador máis xoven da convocatoria, aínda Prebenxamín, espera poder dar unha boa impresión ós responsables técnicos de cara a futuras convocatorias coa Selección Galega Infantil, o que sin duda, sería todo un éxito dada a súa idade (tan só 8 anos).

O club e a súa directiva quere felicitar ós tres porque, unha vez mais, esta convocatoria recoñece a súa labor e traballo diarios.

Por outra banda, a actividade dos clubs de tenis de mesa do Concello de Oroso non cesa, e este fin de semana disputáronse tamén as ligas nacionais e galegas. No apartado feminino, o CTM Espedregada Oroso, desprazábase a Pontevedra a enfrontarse ó Cidade Narón TM e ó Visit Pontevedra na primeira xornada da Liga de División de Honra Nacional Feminina, unha categoría moi esixente na que o obxectivo do equipo integrado na súa totalidade por rapazas da casa é loitar pola permanencia.

En 3ª Nacional Masciulina, o Oroso TM Rios Sangiao viaxaba a Lalín e acadaba unha importante victoria de cara ó obxectivo da permanencia, que cada vez está máis cerca. Nesta ocasión, foron Uxio Pampín, Marcos Espantoso e MArtín Fernández os encargados de acabar a victoria por 1-5. Coa permanencia case acadada a falta de poucas xornadas para rematar a lega, podemos calificar o desenrolo deste equipo que debutaba este ano na categoría como excelente.

Na máxima categoría autonómica, o Oroso Hotel Sta Cruz, caía na casa e deberá ter coidado se non quere entrar en postos de descenso. Nesta ocasión competiron Julio Pampín, Sonia Eiras e Olaya Cea.