SD Compostela e AD Nicrariense asinan un convenio para o futuro futbolístico da comarca

Ambas entidades comprométense a unir forzas nas próximas dúas tempadas

A Sociedade Deportiva Compostela e a AD Nicrariense asinaron un acordo de colaboración nas categorías inferiores para as próximas dúas tempadas, 2020-21 e 2021-22, mediante o cal búscase o impulso da actividade futbolística na comarca, ademais dun estímulo para os máis novos.

Coa firma de ambos presidentes, Antonio Quinteiro e Jesús Dopazo, ambas entidades comprométense a traballar conxuntamente, de forma activa, na formación dos pequenos xogadores e tamén dos técnicos.

Por iso, mediante a firma deste convenio, os adestradores e futbolistas da base do AD Nicrariense poderán participar nos programas deportivos e educativos impulsados pola SD Compostela, tales como a de formación de técnicos, a Compostec, o Clínic, os Campus de Verán e Nadal ou a Academia de Estudos, coas mesmas vantaxes que os membros do club branquiazul.

A maiores, o Compos terá un dereito preferente sobre os xogadores da AD Nicrariense, sempre que suban de categoría na súa formación, seguindo os informes e indicacións dos técnicos locais.

Por outra banda, o Compos dispensará invitacións á AD Nicrariense para os partidos oficiais que dispute no Estadio Verónica Boquete durante a vixencia do presente vínculo.

Con este novo acordo, o proxecto de canteira da SD Compostela, coordinado por Víctor Pazos, segue crecendo e unindo aos equipos de Santiago e comarca. Así, este convenio coa AD Nicrariense súmase aos xa asinados co Victoria FC, Praíña SPC, Milladoiro SD, UD Bastavales e SD Esclavitud.