Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira Obradoiro CAB

Cadete: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro clasifícase como primeiro de grupo grazas á súa vitoria fronte ao KFC Culleredo (92-25)

O sábado pola tarde víronse as caras o Balidea Obradoiro fronte ao CB Culleredo, no Pavillón Lorenzo de la Torre.
O partido comezou cun altísimo ritmo de xogo por parte dos dous equipos e os locais abriron un primeiro parcial de 10-2 no marcador. Os do KFC Culleredo contestaban con tiros de tres puntos, pero o desacerto distanciábaos no marcador. Así, o primeiro cuarto rematou 22-8 para os locais.

No segundo cuarto, os do Balidea Obradoiro romperon o partido mantendo un bo nivel defensivo e con acerto desde mais alá da liña de tres puntos, tras boa circulación de balón e selección de tiro.No terceiro cuarto, co partido xa roto, os locais baixaron un pouco a intensidade, que se reflectía en perdas de balón e desacerto no lanzamento, pero mantiñan unha férrea defensa que deixaba aos visitantes en 6 puntos no devandito período.

No ultimo cuarto, os locais mantiveron o control do partido, con boas accións de contraataque e boa selección de tiros en ataques estáticos, para chegar ao 92-25 final.

Os parciais de cuartos foron: 22-8, 26-6, 13-5 e 31-6.

O próximo partido do Balidea Obradoiro será a próxima fin de semana, despois do sorteo para realizarse para o novo calendario de Fase A1, polo título da Liga e clasificación para o Campionato de España.

Cadete: Oca Hotels Obradoiro

Segunda vitoria consecutiva para o Oca Hotels Obradoiro (20- 93)

Segunda xornada e segunda vitoria para os cadetes do Oca Hotels Obradoiro, que se enfrontaron esta fin de semana ao ADB Fontiñas e dominaron o partido desde o salto inicial (20-93).

O partido comezou con moitas imprecisións en ambos equipos, aínda que pronto os visitantes empezaron a impoñer a súa superioridade en todos os aspectos do xogo, chegándose ao final do primeiro período cun claro 0-18.O segundo cuarto continuou coas diferenzas agrandándose aos poucos a pesar de que o ritmo do partido era lento e apenas o xogo tiña velocidade. Este cuarto rematou cun 7-38 que deixaba o partido totalmente resolto.

O terceiro e o cuarto período foron un calco do segundo ritmo baixo de xogo. A pesar diso a superioridade xerou unha diferenza moi grande no marcador.

Os parciais por cuartos foron: 0-18, 7-20, 7-29 e 6-26.

Infantil: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro logra un novo triunfo na súa visita a Montrove (33-78)

Vitoria para o Cenor Obradoiro na última xornada da primeira fase da 1a División infantil, rematando invictos no seu grupo e clasificándose para xogar a fase de loita polo título e polas prazas para acudir ao Campionato de España.

O encontro comezou frío por parte dos dous equipos, que parecía que non querían anotar canastras. Os visitantes romperon o precinto do aro e impuxeron a súa defensa chegando á pausa cun claro 0-8. Os locais non se rendían e recuperaron distancias terminando este primeiro período cun 8-13.

No segundo cuarto os locais seguían en partido ante as imprecisións e desconexións dos visitantes, que axustaron a súa defensa abrindo claramente diferencia no marcador (16-36).

O descanso permitiu aos locais organizarse de novo e aos visitantes supúxolles unha desconexión na concentración moi grande o cal fixo que perdesen totalmente o ritmo de xogo dando lugar a un xogo desordenado tanto en ataque como en defensa.

No último cuarto, os visitantes tiraron de orgullo e recuperaron a súa defensa agresiva e algo de orde no ataque dando lugar a un parcial de 7-25 que levou ao resultado final de 33-78.

Os parciais por cuartos foron: 8-12, 8-23, 10-17 e 7-25.

Despois desta primeira fase os nosos deben seguir traballando para alcanzar a continuidade e controlar esas desconexións no xogo. Os rivais para esta segunda fase seguirán subindo o nivel de dificultade (Ferrol, Sigaltec, Seis do Nadal e Costa Ártabra) e porán a proba o nivel dos nosos xogadores.