Crónicas canteira Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda consegue unha vitoria grazas a un xogo coral (87-59)

O Obradoiro Silleda recibiu no pavillón César González Fares de Silleda a un Costa Ártabra que chegaba con confianza tras a súa última vitoria.

Foi un encontro no que os obradoiristas dominaron o ritmo desde o inicio e no que, a pesar da loita dos seus rivais, foron capaces de manter o control ata o final do partido.

Comezou o partido con moita velocidade por parte dos dous equipos. Os locais circulaban o balón con fluidez, pero mantíñase un intercambio de canastras grazas ao acerto visitante.

Aos poucos o Obradoiro Silleda foi dificultando a creación de xogo rival e aumentando aos poucos a vantaxe no electrónico, pasando do 7-6 ao 19-8 nun par de minutos. Pese ao alto ritmo de xogo dos locais, o Costa Artabra non baixa os brazos, reducindo as distancias nas últimas posesións desde a liña de tiro libre.

No segundo cuarto os visitantes trataron de cambiar o ritmo de xogo a través dunha defensa zonal coa que protexían máis a súa pintura. Tras varias posesións con pouca circulación, o Obradoiro Silleda volveu dominar o xogo e aumentou a distancia para chegar ao descanso cun 44-27 ao seu favor.

Tras o paso por vestiarios, os visitantes volveron tratar de sorprender ao seu rival con diferentes defensas zonais, logrando competir o parcial e impedindo que os locais rompesen o partido.

Con todo, o Obradoiro Silleda volveu controlar o partido desde a defensa, atopando o seu mellor ritmo ofensivo tamén nestes minutos finais e certificando unha importante vitoria na que ata seis xogadores anotaron máis de dez puntos.

Os parciais por cuartos foron: 24-17, 20-10, 16-18 e 27-14.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: N. Barreiro (10), N. González (11), C. Hernández (10), G. Jofresa (19), M. Souto (10), M. López (2), M. Fernández (11), G. González (14), P. Pérez (-), M. Paz (4), C. Taboada (-) e Roberto Cubero (6).

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda terá xornada de descanso, coa mirada posta nos dous encontros aprazados que se disputarán nas próximas semanas.

1a División Senior: Obradoiro USC

O Obradoiro USC sufre a súa primeira derrota ante Marín Ence Peixegalego (84-65)

O Obradoiro USC visitou a pista do Marían Ence Peixegalego e o encontro comezou cos locais máis agresivos, obtendo as primeiras vantaxes e anotando fácilmente no 1×1 e co bloqueo directo.

Os obradoiristas volveron pouco a pouco ao partido, buscando situacións de xogo exterior para poder aproveitar as súas vantaxes dende aí.

No segundo cuarto os locais fixéronse fortes. Subiron o nivel defensivo e non deixaron que o Obra correse en ningún momento. Causou moitos problemas ao Obradoiro USC a través do ataque con bloqueo indirecto.

Na segunda parte continuou mandando o Marín. Engadiu varias defensas de axustes que non deixaron ao Obra xogar cómodo en ningún momento. Aínda que no terceiro tempo a defensa obradoirista continuou sendo sólida, non foi capaz de atopar as vantaxes necesarias en ataque. No derradeiro cuarto, o Marín ampliou a vantaxe no electrónico grazas ao seu acerto no tiro exterior e a vitoria quedou en Marín.

Os parciais de cada cuarto foron: 21-23 21-16, 17-10 e 25-16.