Entrega de xoguetes á Obra Social Pediatría do CHUS

Este mañá, a SD Compostela visitou o Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela para facer entrega dos xoguetes conseguidos por Víctor Pazos, coordinador da base do club, para a Aula Social de Pediatría do centro.

Con motivo destas festas tan especiais, o club quixo participar unha vez máis co labor que realiza Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, achegando o seu pequeno gran de area para mellorar a situación dos nenos e nenas que están ingresados nestes momentos.

En representación do club, levaron os xoguetes Ramón Castro, director das Relacións Institucionais, e Saro, como representante dos xogadores. María Elena Sobrino, directora da Escola, e o doutor Martinón, xefe da UVI Infantil acolleron aos nosos na visita.