
Senior: Obradoiro Silleda
O Obradoiro Silleda queda ás portas de sorprender ao líder (65-60)
O Obradoiro Silleda recibiu visitou a cancha do Aquimisa Carbajosa, líder imbatido ata o de agora do grupo A- B da Liga EBA, nun encontro no que os locais foron por diante durante todo o partido, pero no que os obradoiristas nunca lle perderon a cara ao encontro ata caer no último minuto.
Arrincou o encontro cun equipo local moi acertado e cos visitantes cometendo demasiados erros tácticos que lles levaba a conceder as primeiras vantaxes. Con todo, a partir do primeiro tempo morto, os obradoiristas foron entrando aos poucos en partido e, cun gran nivel defensivo, foron reducindo as distancias.
Durante o segundo cuarto, o Obradoiro Silleda logrou frear defensivamente ao líder, pero a tremenda presenza física do Aquimisa Carbajosa permitíalles manter o liderado no marcador a través do rebote ofensivo, chegándose ao descanso cun parcial de 35-25.
Á volta de vestiarios foron os obradoiristas os que controlaron o ritmo do partido e, pechando moito mellor o seu aro, empezaron a atopar puntos a contraataque que lles facía poñerse a tan só dous puntos. O seu defensa conseguía incomodar aos locais e só a falta de acerto no tiro exterior lles impedía dar a volta ao marcador.
Nos últimos dez minutos, o Obradoiro Silleda buscou outras vías de anotación para poñerse por diante e impoñer a primeira derrota da tempada aos de Salamanca, pero o Aquimisa Carbajosa foi capaz de aguantar as arremetidas e manter a súa imbatibilidade, rematando o partido cun 65-60.
Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (10), G. Jofresa (6), M. López (-), R. García (15), V. Villadoniga (-), M. Fernández (5), G. González (3), M. Paz (2), A. Sow (4), J. Cal (11), E. Melini (4) e G. Arejolaleiba (-).
Os parciais por cuartos foron: 18-13, 17-12, 15-20 e 15-15.
A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda recibirá na súa pista ao Estudiantes de Lugo Leyma Natura, o domingo a partir das 17:30 horas.
Junior 1ª div: Obradoiro Peleteiro
O Obradoiro Peleteiro vence con autoridade en Ourense (34-86)
O Obradoiro Peleteiro visitou a pista do COB, da que voltou cunha nova vitoria (34-86).
O encontro comezou bastante frío para ambos equipos, sen que ningún atopase acerto. Pero, a través dunha boa defensa, os obradoiristas conseguiron arrancar e xerando canastras rápidas para facerse coas primeiras vantaxes no marcador.
Os obradoiristas continuaron co seu bo xogo no segundo cuarto, onde foron capaces de desatascar o acerto dende o perímetro e xerando boas accións defensivas por parte de todo o equipo.
Na segunda metade, o Obradoiro Peleteiro saiu todavía máis motivado e foi quen de rematar de romper o encontro grazas a unha gran circulación de balón, que fixo que todos os xogadores aportaran para facerse cunha nova vitoria (34-86).
Os parciais por cuartos foron: 12-22, 8-25, 12-23 e 2-16.
O Obradoiro Peleteiro volve a dar a súa mellor versión ante Culleredo (40-89)
O Obradoiro Peleteiro visitou no seu segundo compromiso da fin de semana a pista do KFC Culleredo co obxectivo de seguir coa súa boa dinámica de xogo e resultados.
Repetiuse o inicio do primeiro encontro, e ningún dos dous conxuntos atopaba acerto. A defensa local pechaba por completo a súa zona e tomaron a iniciativa nos primeiros minutos. Sen embargo, a través dun gran traballo defensivo, os obradoiristas comezaron a meterse no partido, logrando darlle a volta ao marcador no primeiro cuarto e levando desde ese momento a iniciativa ata o final.
A partir do segundo cuarto, o Obradoiro Peleteiro logrou un maior ritmo de xogo, atopando con moita velocidade os seus obxectivos en ataque e logrando xa ao descanso unha importante vantaxe (13-42).
Despois do descanso, os obradoiristas saíron, se cabe, aínda máis motivados, atopando un gran acerto dende a liña de tres e un tremendo poderío no rebote ofensivo. Desta forma lograron seguir ampliando a distancia ata levarse unha nova vitoria por 40 a 89.
Os parciais por cuartos foron: 9-18, 4-24, 13-28 e 14-19. O próximo sábado 22 de febreiro, o Obradoiro Peleteiro recibe ás 10:00h en Montouto ao Bosco Salesianos.
Junior 2ª div: Grupo Caeiro Obradoiro Ames
O Grupo Caeiro Obradoiro Ames sae victorioso do primeiro cruce de grupos (resultado)
O Grupo Caeiro Obradoiro Ames disputou o encontro de volta do primeiro cruce de grupos da 2ª División Junior fronte a un La Salle que, desta vez, si impuxo a súa vantaxe física dentro da pintura para agarrarse ao encontro ata o último instante.
Arrincou o encontro cos locais tratando de levar o ritmo do partido a través dunha forte presión defensiva, pero esta vez os visitantes lograron saír dela con acerto e foron capaces de frear o xogo en transición do seu rival grazas ao seu dominio no rebote.
Co paso dos minutos os obradoiristas empezaron a controlar ao seu rival a través dunha clara melloría defensiva, pero a igualdade mantíñase no marcador.
Á saída de vestiarios, o Grupo Caeiro Obradoiro Ames lograba por fin atopar varias situacións a campo aberto que lles facía endosar un parcial de 16-8 ao seu rival para comezar a mandar no electrónico. A partir dese momento, as vantaxes mantivéronse ata o final do encontro, con ambos os equipos competindo de igual a igual pero cos obradoiristas sabendo pechar unha nova vitoria e un pase de rolda.
Cadete 1ª div.: Balidea Obradoiro
O Balidea Obradoiro vence a domicilio a un duro Iberconsa Novobasket (40-80)
O partido entre o Balidea Obradoiro e o Iberconsa Novobasket comezou cun alto nivel de dureza e intensidade por parte dos dous equipos, no que o Balidea Obradoiro se excedeu no uso das mans e foron penalizados con moitas faltas, permitindo aos locais estar no encontro grazas aos 11 tiros libres anotados no primeiro cuarto (15-25).
No segundo cuarto, os obradoiristas foron capaces de corrixir o exceso de faltas persoais, mantendo a intensidade defensiva, abrindo así unha vantaxe de 25 puntos no marcador chegados ao descanso, tras dominar o rebote e correndo moi ben a pista en contraataques (22-47).
Os obradoiristas non baixaron o ritmo de xogo nin a intensidade defensiva na segunda, dominando o encontro e conseguindo unha vitoria final por 40 a 80.
Os parciais por cuartos foron: 15-25, 7-22, 3-13 e 13-20.
Xogaron e anotaron: Matías (8), Fran (10), Anxo (2), Pablo (15), Adrián (2), Berthold (14), Armel (2), Andrés (2), Díaz (11), Fernando (12).
Cadete 2ª div: Café Sabora Obradoiro
O Café Sabora Obradoiro faise cunha vitoria ante o Instituto Rosalía nos cruces da Liga (26-103)
Comezaron os cruces na Liga Local de Santiago e o Café Sabora Obradoiro fíxoo cunha vitoria no partido de ida ante o Instituto Rosalía (26-103).
O partido comezou moi frío e ambos equipos repartíanse erros. Tras un primeiro cuarto cheo de imprecisións, os obradoiristas saíron mais concentrados e cunha defensa moi dura que fixo que se rompera o partido, conseguindo canastras en rápidos contraataques.
Anotaron: Carlos (10), Pablo Cutrín (1), Román, Joel (4), Roque (8), Matías (16), Alex (20), Armel (18), Seoane (19), Víctor (3).
Parciais por cuartos: 08-13, 03-28, 05-34 e 10-28.
Cadete: Obradoiro CAB
O Obradoiro CAB vence pola mínima ao Peleteiro (53-50)
O Obradoiro CAB fíxose coa vitoria ante Peleteiro no partido de ida dos cruces polo título da Liga Zonal de Santiago (53-50).
Foi un encontro cheo de nervios e imprecisións por parte dos dous equipos, cheo de incidentes e lesións en ambos conxuntos que non permitían mostrar unha continuidade no xogo.
Os dous primeiros cuartos foron de claro cor visitante, cuns locais moi agarrotados e que non conseguían atopar o seu xogo. O terceiro cuarto comezou cos obradoiristas subindo o ritmo defensivo, pero a falta de concentración e as precipitacións permitían que os visitantes mantiveran unha vantaxe de 10 puntos. Ata que se produciu a lesión do base de Peleteiro nun golpe e o xogo visitante veuse abaixo. Así, as imprecisións cambiaron de lado, permitindo unha remontada local grazas a unha boa defensa no derradeiro cuarto, facéndose así o Obradoiro CAB coa vitoria (53-50).
Anotaron: Víctor (23), Marcos, Iván (4), Fernando (2), David (3), Brais (7), Xoan (2), Alfie, Hugo, Álvaro, Anxo (5) y Juan (7).
Parciais por cuartos: 08-13, 09-15, 16-15 e 20-07.
Infantil: Cenor Obradoiro
Vitoria para os infantís do Cenor Obradoiro na súa visita a Culleredo (50-75)
O Cenor Obradoiro conseguiu unha nova vitoria na sempre difícil pista de Culleredo, nun encontro que permite aos nosos asegurar matemáticamente no primeiro posto da primeira fase.
O encontro foi dominado polo Cenor Obradoiro, que en todo momento impuxo o seu ritmo e foron agrandando pouco a pouco a distancia no electrónico.
Todos os xogadores obradoiristas participaron activamente na vitoria, defendendo con intensidade e sumando en ambos lados da pista.
A semana que ven, o Cenor Obradoiro participará na Minicopa Endesa de Málaga, nun mágnifico evento no que os obradoiristas gozarán e aprenderán da experiencia ao máximo.
Anotaron: André (4), Román A. (4), Juanjo (9), Pepe (5), Iago (16), Xoan (3), Alfie (17), Fernando (11), Hadrián (5), Román Pérez (1).
Parciais por cuartos: 10-16, 15-21, 13-18 e 12-19.
Preinfantil: Clínica Baltar Obradoiro
Vitoria importante para o Clínica Baltar Obradoiro ante o Estudiantes de Pontevedra (59-76).
O Clínica Baltar Obradoiro visitou ao Estudiantes de Pontevedra e conseguiu voltar a Santiago coa vitoria.
O que se asemellaba coma un partido igualado, pronto se decantou para os visitantes, que comezaron o partido coa súa mellor versión da tempada. Circulación rápida de balón, unha boa defensa e moito acerto nos tiros, fixo que o parcial do primeiro cuarto fora un contundente 6-27.
O segundo período seguiu cun bo acerto dos obradoiristas, pero os locais espertaron en ataque e, alentados por un bo acerto nos primeiros ataques do cuarto, fixo que conseguiran recortar a diferenza. O parcial foi de 18-20.
Á saída do descanso, o Clínica Baltar Obradoiro baixou un pouco o ritmo, condicionados polo cansanzo dunha primeira metade moi esixente. Sen embargo seguiron con boas accións en ataque, anotando sempre dende posicións cercanas á canastra.
Ademais, o conxunto local seguiu de novo con problemas para anotar, aínda que con algo máis de acerto que no primeiro período. O parcial foi de 12-18.
O derradeiro cuarto comezaba cun Clínica Baltar Obradoiro que por primeira vez no partido tiña problemas para anotar. O balón xa non circulaba con fluidez e, ante estes problemas, o Estudiantes conseguía anotar con boas accións de contraataque. Unhas canastras dos locais fixeron que o Obra entrara lixeiramente nunha espiral negativa, que sería freada con dous tempos mortos en pouco tempo.
O resultado final foi de 59-76.