Crónicas canteira Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

Un descoñecido Obradoiro Silleda é superado polo vendaval do Calvo Basket Xiria (54-92)

O Obradoiro Silleda recibiu a un Calvo Basket Xiria que viña de romper a súa mala serie de resultados vencendo no seu campo ao Universidade de Valladolid.

O encontro arrincou cun equipo visitante con moitísima máis enerxía e dureza en cada acción do xogo. Os obradoiristas non eran capaces de frear o xogo en poste baixo do seu rival e vían como aos poucos se ían afastando no marcador.

Co paso dos minutos, os locais buscaron diferentes formas de engancharse ao xogo, pero a falta de circulación de balón unido aos problemas de faltar persoais facían que seguisen todo o tempo baixo o ritmo do seu rival, chegando ao descanso cun marcador de 31-42.

Á volta de vestiarios, en contra do que se esperaba, os locais víronse aínda máis superados. Sen capacidade de resposta defensiva e sen ideas en ataque, o partido converteuse en constantes accións de 1×1 e tiros exteriores que en ningún momento atopaban acerto. Os minutos ían pasando e as présas e ansiedade por parte dos obradoiristas aumentaba, xogando o seu rival a pracer e logrando aumentar a vantaxe ao seu favor ata o 54-92 final.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (6), G. Jofresa (9), M. López (1), S. Eggertsson (5), R. García (15), V. Villadoniga (-), M. Fernández (6), M. Paz (-), A. Sow (1), E. Melini (3), G. Arejolaleiba (6) e X. Otsoa (2).

Os parciais por cuartos foron: 14-20, 17-22, 9-21 e 14-29.

Claro toque de atención ao Obradoiro Silleda que se viu superado en todo momento polo seu rival e que terá que traballar duro para preparar o seguinte encontro, o vindeiro sábado, na pista do ata o de agora líder e invicto, Aquimisa Carbajosa.

Junior 1ª div: Obradoiro Peleteiro

Nova vitoria para o Obradoiro Peleteiro tras unha gran segunda parte (80-36)

O Obradoiro Peleteiro recibiu na súa pista ao Academia COPS Basket Ferrol, nun encontro dominado polos obradoiristas, pero que non sería ata a segunda parte cando os locais conseguirían distanciarse no electrónico.

Empezaba o partido con tres canastras rápidas do Obradoiro. Cunha defensa forte atrás e velocidade en ataque foi capaz de dominar o ritmo desde os primeiros minutos.

Con todo, no segundo cuarto os de Ferrol agarráronse ao encontro a través dunha defensa zonal. Os visitantes atoparon un gran acerto exterior a partir de constantes bloqueos indirectos e un gran movemento de balón, que lles permitiu irse ao descanso aínda no partido, cun marcador de 39-26.

Xa no terceiro cuarto, o Obradoiro Peleteiro volveu dominar por completo o ritmo, aproveitando as súas vantaxes interiores e brillando defensivamente durante toda a segunda parte para anotar moitos máis puntos a campo aberto, ampliando así a súa vantaxe ata o 80-36 final e alzándose cunha nova vitoria.

Os parciais por cuartos foron: 21-7, 18-19, 18-5 e 23-5.

O próximo partido do Obradoiro Peleteiro será o vindeiro venres 7 de Febreiro ás 20:00 horas no Pazo Paco Paz de Ourense fronte ao COB.

Junior 2ª div: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames vence a La Salle no primeiro cruce de grupos (48-74)

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames mediuse no primeiro partido de cruces de grupos a La Salle, nun encontro que os obradoiristas dominaron grazas a un excelso traballo defensivo, e no que foron capaces de deixar ao seu rival por debaixo dos dez puntos por cuarto no primeiros trinta minutos.

Desde o inicio do partido, os obradoiristas esforzáronse en contrarestar o tamaño dos locais a través dunha atafegante presión defensiva e saltando á axuda desde o lado débil ante cada balón interior. A defensa visitante deixaba sen apenas tiros liberados ao seu rival, pero a falta de acerto de fronte ao aro permitía a La Salle manterse no encontro ao descanso (9-21).

Xa na segunda parte, os obradoiristas foron capaces de mellorar lixeiramente as súas porcentaxes o que, unido á gran defensa que mostraran durante o primeiros vinte minutos, fixo que se escapasen no marcador e certificasen unha meritoria vitoria por 31-49.

Os parciais por cuartos foron: 4-11, 5-10, 7-16 e 15-12.

A próxima fin de semana, o Grupo Caeiro Obradoiro Ames xogará o seguinte partido de cruces, o sábado ás 16:00 horas, no pavillón Lorenzo da Torre.

Cadete 1ª div.: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro supera ao COB Ourense como visitante (44-104)

O partido entre o Balidea Obradoiro e o COB Ourense comezou cos obradoiristas errando nas finalizacións preto do aro, pero cun gran dominio físico que se demostraba no control dos rebotes en ambos os taboleiros e o ritmo do partido.

A pouco que os obradoiristas foron mellorando no tacto do balón nos tiros próximos a canastra, foron gañando en confianza, sendo capaces de facer pechar a defensa dos ourensáns, atopando tiros cómodos desde o perímetro que abrían gran diferenza no marcador e sentenciaban o partido.

Os obradoiristas dan así un paso adiante no ritmo de xogo e agresividade defensiva, que eran os obxectivos marcados para este partido.

Marcador por cuartos: 10-21, 9-23, 11-33 e 14-27.

Xogaron e anotaron: Matías (8), Fran (17), Anxo (20), Pablo (11), Adrián (6), Armel (6), Andrés (8), Yago (5), Fernando (13), Mateo (9).

Cadete 2ª div: Café Sabora Obradoiro

O Café Sabora Obradoiro acada unha nova vitoria ante Peleteiro (61-54)

O Café Sabora Obradoiro recibiu a Peleteiro, nun encontro no que se xogaban o primeiro posto da primeira fase.

O encontro comezou cos obradoiristas moi acertados, levando a iniciativa no marcador grazas ao acerto exterior que, cunha defensa máis agresiva por parte dos visitantes, aos poucos reverteron o ritmo do partido e empezou unha alternancia no marcador que se mantivo ata os últimos minutos do partido.

Nos compases finais, o Café Sabora Obradoiro, soubo manexar mellor os nervios e levarse a vitoria.

Marcador por cuartos: 20-15, 11-17, 11-11 e 19-11.

Xogaron e anotaron: Carlos (4), Pablo Cutrín (2), Román (7), Joel (5), Roque (12), Matías (8), Alex (17), Pablo Seoane (4), Víctor (2).

Infantil: Cenor Obradoiro

Vitoria para os infantís do Cenor Obradoiro na súa visita á sempre difícil pista de Oleiros (66-76)

O Cenor Obradoiro conseguiu unha nova vitoria ante o Montrove, nun partido de refachos no que os mozos do Cenor Obradoiro entraron concentrados e con bo acerto en ataque, marcando as primeiras diferenzas ao noso favor, cun marcador de 12-21 ao final do primeiro cuarto.

Comezou o segundo período igual que remataba o primeiro, cun gran acerto en ataque, pero comezaron a xurdir os primeiros problemas no rebote defensivo que, por sorte, non influían no marcador, ampliando a diferenza ata o 22-39. Nese instante, un tempo morto dos locais e o cambio a unha zona 3/2 atascou totalmente aos obradoiristas, que se descentraron e perderon varios ataques seguidos, dando pé a unha reacción fulgurante do Montrove, grazas a un gran acerto desde a liña de tres puntos, chegando ao descanso cun 35-39 no electrónico.

O terceiro período foi un calco do final de segundo, onde o Cenor Obradoiro buscou atacar a zona individualmente, o que permitía aos locais achegarse ao máximo no marcador (53-54).

Todo cambiou no último cuarto, cando o Cenor Obradoiro comprendeu cómo atacar a zona compartindo o balón e desde unha defensa moi agresiva que lles permitiu levar a vitoria.

Marcador por cuartos: 12-21, 23-18, 18-15 e 13-22.

Xogaron e anotaron: André (17), Román (4), Juanjo (6), Pepe (2), Iago (10), Xoan (3), Alfie (15), Fernando (16), Hadrián (1), Leo e Román Pérez (2).

Preinfantil: Clínica Baltar Obradoiro

Nova vitoria do Clínica Baltar Obradoiro nun final axustado (67-62)

O Clínica Baltar Obradoiro recibiu na súa pista ao Caf. Manhattan Marín Peixe Galego, no que os obradoiristas conseguiron a vitoria tras un partido igualado.

O encontro comezou cun acerto alto por parte dos dous equipos, algo que se mantería durante todo o partido. Ante o acerto dos ataques e o desacerto das defensas, o primeiro cuarto rematou cun 18-16.
No segundo período mantívose un alto acerto. Por parte do Obra anotando en posicións cerca do aro, mentres que Marín lanzaba con moito acerto dende a media-longa distancia. Moitos dos tiros do Marín tiñan lugar por unha mala defensa obradoirista, que fixo moitas faltas durante a primeira parte, permitindo moitos puntos de tiros libres. O parcial do segundo cuarto foi de 18-20.

O terceiro cuarto seguiu co mesmo guión: un Clínica Baltar Obradoiro sen unha boa defensa e Marín anotando con altas porcentaxes. O Obra empeorou as súas prestacións ofensivas, tamén debido á mala defensa, que non permitía contraataques. O parcial foi de 14-18.

O derradeiro período non comezou ben para os obradoiristas, que vían como Marín de poñía cunha diferenza de 8 puntos por riba, nun partido que parecía que se lles escapaba. Sen embargo, despois dun tempo morto local, a actitude en defensa cambiou para o Clínica Baltar Obradoiro, que conseguiu un bo parcial igualando o partido en poucos minutos, sen permitir que os visitantes anotaran e deixándoos en catro puntos nos últimos 6 minutos. O resultado final foi de 67-62.

Infantil B: Opticalia Obradoiro CAB

O Opticalia Obradoiro cae ante Enseñanza nun encontro marcado pola igualdade (44-36)

O Opticalia Obradoiro visitou a pista do Enseñanza, nun partido que estivo marcado pola igualdade ata os minutos finais e no que o equipo local se levou a vitoria (44-36).

O encontro caracterizouse polo baixo acerto por parte de ambos equipos, pese a que as defensas non eran moi boas xa que permitían boas situacións de tiros. A pesar disto, os equipos non lograban anotar con facilidade. O primeiro cuarto rematou 9-8.

O segundo período non cambiou a dinámica. Ningún dos dous equipos era capaz de anotar, aínda que os locais sacaban unha pequena vantaxe xa que tiñan moitas oportunidades por ataque polo seu dominio no rebote ofensivo, ante o nulo bloqueo deste por parte do Obra. Ao descanso o resultado era de 16-22.

Na segunda metade non mudou o guión: moi baixa anotación, que facía que o partido seguira igualado ata os intres finais deste. Nos últimos minutos, Enseñanza conseguiu encadear varias canastras consecutivas, víndose abaixo os obradoiristas, que entraron no último minuto xa sen apenas oportunidades de pelexar o partido.

O resultado final foi de 44-36.