SD Compostela Atletismo

O Sábado estaba marcado no calendario un evento importante, Campionato de Galicia de pista cuberta, categoría Máster.

Era a nosa primeira participación como club, e realmente a cousa foi moi moi ben, imos con todos:

Amador Pena

O noso director deportivo levaba tempo preparando probas de medio fondo, co obxetivo de baixar de 2′ nos 800 metros e chegaba en moi bo estado de forma para facelo neste campionato ou no absoluto do día seguinte, pero por motivos persoais non puido participar no campionato absoluto para o que tiña 3 marcas mínimas en 800, 1500 e 3000 metros.

  • Ouro Nos 800 metros, nunha proba na que partía con diferencia coa mellor marca e decidiu axudar a un compañeiro do Trega para intentar mellorar a súa marca.
  • Ouro Nos 1500 nunha carreira moi lenta na que se escapou con facilidade nos últimos 200 metros.
  • Ouro Nos relevos 4 x 200, facendo a 3ª posta.

Adrián Gomez

O ano pasado Adrián partía un cóbado nesta mesma competición, a recuperación foi lenta, sen estar a día de hoxe recuperado ao 100%, pero un bo traballo permitíulle chegar con moitas posibilidades de loitar por medallas

  • Bronce Nos 400m con 56.81 mellor marca persoal en PC.
  • Bronce Nos 200m con 26.27 mmp da tempada.

Juan Alvarellos

Tras un pequeno parón invernal en pleno proceso de mellora e carga de traballo, acadou uns fantásticos resultados:

  • 8º de 15 participantes nos 60m, con MMP 8.11
  • 7º nos 200 metros con 27.13
  • Ouro Nos 4 x 200 facendo a primeira posta.

Antonio Vázquez

Tras unha tempada irregular acadou uns magníficos resultados con medalla incluída.

  • Bronce Nos 800 con 2’23″77 MMP
  • 5º Nos 1500 con 4’46″18 nunha carreira táctica e moi lenta.
  • Ouro Nos 4 x 200 coa 2º posta

Vidal Díaz

Debutaba nestes campionatos mellorando considerablemente as súas marcas e sendo partícipe importante nos relevos.

  • 6º con 8.84 nos 60ml MMP
  • 5º nos 200ml con 28.79 MMP
  • Ouro en 4 x 200 coa última posta.

Carlos González

  • 7º nos 200 con 30.5 MMP
  • 5º en lanzamento de peso con 7.16 Debut.

Tere parrado

Realizou unha brillante actuación no seu debut nun campionato absoluto de Pista cuberta, tras 10 días cunhas molestias que non lle permitiron adestrar debidamente, estivo sempre preto do grupo de cabeza na súa serie e a menos de 2″ da súa mellor marca. 2’34″66 para ela.

O Domingo o Compos tiña novamente unha cita deportiva, nesta ocasión polos montes de Ames, proba gañada por Amador impoñéndose na zona final a Rubén Insúa e Sergio Requeijo, os 3 marcharon solos en cabeza dende os primeiros compsases da proba, na cal acadamos o 5º posto por equipos, gracias as actuacións de Martin Abelenda, David Freire, Martin Fraga, Manu Castiñeiras, Marcos Ferreiro e Fernando Casal.