Crónicas canteira Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

O aspecto ofensivo penaliza ao Obradoiro Silleda na súa visita a Chantada (64-42) O Obradoiro Silleda mediuse a un dos candidatos ao ascenso da Liga EBA, un UCOGA Seguros CB Chantada que chegaba nun gran momento de forma con cinco vitorias consecutivas.

O encontro estivo marcado polos baixísimos porcentaxes de tiro dos obradoiristas e os problemas para xerar xogo que lles fixo caer de forma avultada fronte ao segundo clasificado da competición.

O partido comezou cos locais logrande pechar a súa pintura e dominando en todo momento o ritmo de xogo. Os obradoiristas foron subindo o nivel defensivo para poder seguir no encontro a través de varias situacións a campo aberto.

Con todo, co paso dos minutos e ante a falta de acerto ofensiva, o Obradoiro Silleda foi cometendo máis erros defensivos, algo que un equipo da talla do C.B. Chantada castiga á perfección, chegando ao descanso cun marcador de 38-20.

Á volta do descanso, o Obradoiro Silleda buscou outras vías de anotación, atopando máis tiros liberados nos primeiros instantes, pero sen acerto exterior para rematar de abrir a zona local. O seu nivel defensivo mantíñase e non deixaron de loitar ata o final do encontro, pero os locais atopábanse moi cómodos no ritmo do partido e mantiveron o control ata o último minuto, quedándose esta vez a vitoria en Chantada por un 64-42.

Por parte do Obradoiro Silleda foron: A.Pérez (7), G. Jofresa (5), B. Losada (-), M. López (-), S. Eggertsson (6), R. Garcia (4), V. Villadoniga (2), M. Fernández (7), G. González (2), M. Paz (-), A. Sow (4) e E. Melini (5).

Os parciais por cuartos foron: 15-11, 23-9, 14-9 e 12-13. A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda viaxará ata León para tratar de volver á senda do triunfo no seu encontro fronte ao ULE Basket León o domingo a partir das 18:30 horas.

Junior 1ª div: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro consolídase no liderado grazas ao seu triunfo ante o Instituto Rosalía (92-52)

O Obradoiro Peleteiro recibiu esta fin de semana no seu pavillón ao Instituto Rosalía, nun encontro que estivo igualado ata o descanso, pero no que os obradoiristas non deron opción ao seu rival despois dunha segunda parte brillante.

Arrincou o partido cos locais anotando nas súas primeiras posesións e provocando perdas de balón no seu rival, pero co paso dos minutos o Rosalía volveu ao partido grazas a moi boas accións de 1×1 que se transformaban en canastra ou en tiros libres.

O segundo cuarto foi ao revés, cos visitantes entrando rápido en problemas de faltas, pero os obradoiristas non souberon aproveitar a oportunidade desde o tiro libre e viron como o seu xogo se freaba continuamente a situacións máis paradas en media pista que os do Rosalía freaban con continuos cambios. A pesar disto, o Obradoiro Peleteiro logrou nos últimos minutos subir a presión defensiva para recuperar varios balóns e chegar ao descanso cunha vantaxe de dez puntos ao seu favor.

A partir do terceiro cuarto, o partido cambiou por completo. O dominio absoluto do rebote por parte do Obradoiro Peleteiro, unido á súa boa circulación de balón e ao seu acerto desde o triplo, fixo que as diferenzas seguisen crecendo ata romper o partido. Tres triplos consecutivos á saída do terceiro cuarto iniciaron un despegamento que non cesaría ata os últimos instantes, pechando unha gran vitoria por un 92-52.

Os parciais por cuartos foron: 21-18, 19-12, 27-13 e 25-9. O Obradoiro Peleteiro sofre pero remata a fin de semana cunha segunda vitoria ante Sigaltec (67-87)

Despois do triunfo do sábado fronte a Rosalía, o Obradoiro Peleteiro desprazouse o domingo a Vilagarcía de Arousa para disputar o encontro aprazado fronte ao Sigaltec.

Neste encontro, os obradoiristas fixéronse coa vitoria tras trinta minutos de igualdade, que rematou de romper no derradeiro cuarto. Foi o equipo local o que arrincou dominando o ritmo do encontro grazas a unha defensa moi agresiva e a unha gran circulación de balón. Tras uns cambios no equipo visitante, o Obradoiro Peleteiro deulle a volta ao marcador con varios contraataques.Xa entrados no segundo cuarto, as dinámicas mantivéronse con cada equipo explotando as súas virtudes e con continuas alternativas no marcador. O Obradoiro Peleteiro aproveitaba a súa vantaxe no rebote ofensivo, pero non atopaba a solidez doutros días para xerar cara ao exterior.

No terceiro cuarto, o equipo local volveu levar a iniciativa grazas a unha defensa de presión a media pista e axustes defensivos que pecharon as vantaxes interiores dos obradoiristas.

Pero cando peor se poñía o partido para os visitantes, os obradoiristas deron coa tecla para darlle a volta ao partido. Varios axustes defensivos e a mellora no seu 1×1 permitiulles empezar a xogar a campo aberto, lograr máis confianza e acabar dominando os últimos minutos a través do rebote ofensivo, levándose a segunda vitoria da fin de semana e manténdose no alto da clasificación cun balance de 12-0.
Os parciais por cuartos foron: 17-21, 17-20, 16-15 e 17-31.

A próxima fin de semana o Obradoiro Peleteiro visitará ao C.B. Allariz, o domingo, a partir das 17:00 horas.

Junior 2ª div: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames mantén o seu gran momento de forma tras recibir ao CB Santa Baia (99-22)

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames recibiu ao C.B. Santa Baia nunha nova xornada da 2a División Junior.

Desde o inicio do encontro a diferenza entre ambos os conxuntos fixo que os equipos se esforzasen en traballar e mellorar situacións que lles serán de utilidade para o futuro.

Os obradoiristas foron capaces de manter un gran ritmo defensivo durante todo o partido á vez que aproveitaban, grazas ao bo balance defensivo visitante, para xogar en estático e atopar un movemento de balón con criterio que lles permitise atopar tiros liberados.

Co paso dos minutos, os de Boiro foron igualando o nivel de intensidade, pero a mellora local no seu lanzamento exterior permitiulles que as vantaxes seguisen aumentando ata o 99-22 final.

Os parciais por cuartos foron: 29-2, 30-3, 21-7 e 19-10.

A próxima fin de semana o Grupo Caeiro Obradoiro Ames visitará a pista do Nucamsa Basketdeza de Lalín.

Cadete 1ª div.: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro gaña na súa visita ao Instituto Rosalía, nun partido de alternancias (58-78)

Esta fin de semana desputouse o derbi santiagués da Liga Galega Cadete Grupo Sur, onde o Instituto Rosalía recibía no seu pavillón ao Balidea Obradoiro.

O partido comezou cos dous equipos mostrando eficacia nos seus ataques, onde se intercambiaban canastras, pero aos poucos ao longo do primeiro cuarto os visitantes melloraron defensivamente e lograron abrir vantaxe no marcador, chegando ao final do cuarto cun marcador de 12-23 ao seu favor.

No segundo cuarto, sen chegar a ofrecer a súa mellor versión en canto a intensidade, esforzo e ritmo de xogo, o Balidea Obradoiro seguiu abrindo vantaxe no marcador grazas ao dominio do rebote debido á súa marcada superioridade física (27-46).

Tras o paso polos vestiarios, lonxe de mellorar nos básicos de identidade que marca ao equipo obradoirista, saíu despistado, cometendo perdas de balón que permitían aos locais correr contraataques de un contra cero para anotar fácil e seguir prendidos ao partido.

No último cuarto, os locais seguían marcando o ritmo do partido ante a indolencia dos obradoiristas, e remontaban a diferenza no marcador ata poñerse a 5 puntos que obrigaba aos visitantes para parar o partido con tempo morto.

A partir de aí, o Balidea Obradoiro mellorou os minutos restantes de partido, defendendo con intensidade e buscando correr o campo tras rebote e sendo agresivos para atacar a canastra. Así, volveu abrir distancia no marcador cun parcial de 15-0 nos últimos minutos do partido, para o 58-78 final.

Os parciais de cuartos foron: 12-23, 15-23, 22-17 e 9-15.

Xogaron e anotaron: Matías (14), Fran (9,) Anxo (4), Pablo (4), Adrián (7), Berthold (22), Ferreiro (5), Andrés (1), Díaz (4), Mateo (8).

Cadete 2ª div: Café Sabora Obradoiro

O Café Sabora Obradoiro suma unha nova vitoria no seu encontro ante o Ensino (84-36)

O Café Sabora Obradoiro recibiu na xornada da fin de semana ao Ensino, nun encontro no que non entraron concentrados e ao que lles custou engancharse, permitindo aos visitantes levar o ritmo de xogo durante os dous primeiros cuartos.

Os locais manexaron vantaxes curtas grazas á súa superioridade física, detacando o esforzo dos visitantes para seguir competindo.

O paso polos vestiarios sentou ben ao Café Sabora Obradoiro, que arrincou coa intensidade adecuada para un partido de competición e cun rápido parcial de 20-0 romperon o encontro.

Resultado por cuartos: 14-11, 16-07, 32-11 e 22-07.

Xogaron e anotaron: Pablo Cutrín (4), Carlos (5), Román (1), Joel (9), Roque (13), Pepe (4), Matías (13), Pablo Seoane (16), Fernando (4), Mauro, Leo (13), Víctor (2).

Cadete 2ª div: Obradoiro CAB

O Obradoiro CAB cae na súa visita ao Compañía de María (78-63)

Derrota do Obradoiro CAB contra o líder invicto do Grupo B de Santiago, nun partido no que os obradoiristas comezaron moi fríos e no que os locais aproveitaron para romper o encontro cun 20-6 de parcial.

O Obradoiro CAB deixou atrás o medo e os nervios e competiron o resto do partido, baixando nalgúns momentos a renda a menos de 10 puntos, pero a vitoria non correu risco en ningún momento para os locais debido ás numerosas perdas de balón dos obradoiristas, que penalizaban con canastras fáciles do Compañía de María.

Resultado por cuartos: 20-06, 24-22, 20-20 e 14-15.

Xogaron e anotaron: Víctor (17), Iván (4), Fernando, David (3), Brais (14), Xoan (3), Hugo (2), Álvaro (1), Anxo (11), Juán (8).

Infantil: Cenor Obradoirio CAB

O Cenor Obradoiro CAB consegue a novena vitoria ante o Baloncesto Narón (63-60)

Novena vitoria para os infantís, que permite ao Cenor Obradoiro seguir no alto da clasificación.

O encontro foi un gran duelo contra un rival moi duro que expuxo diversas alternativas durante todo o partido, coa súa zona press e as súas defensas en zona 2/3 e 3/2, que xerou moitos problemas na circulación de balón aos locais, que tiveron que agarrarse a unha gran defensa e ao dominio do rebote para permanecer no partido.

Na segunda parte, os visitantes chegaron a irse de ata 8 puntos, pero este equipo nunca dá por perdido un partido e, sacando forzas no tramo final do encontro, remontaron a vantaxe visitante grazas a unha gran defensa.

Para a semana, o Cenor Obradoiro recibe ao Basquet Coruña, que virá a Santiago en busca da súa primeira vitoria.

O traballo semanal debe seguir sendo a base para seguir mellorando cada día e conseguir recuperar aos xogadores lesionados.

Resultado por cuartos: 16-16, 17-19, 15-13 e 15-12.

Xogaron e anotaron: André (27), Román A. (4), Pepe (4), Iago (6), Xoan (6), Fernando (8), Hadrián (5), Leo, Román Pérez (3) e Gonzalo.

Preinfantil: Clínica Baltar Obradoiro

Nova vitoria para o Clínica Baltar Obradoiro ante o Iberconsa Novobasket (64-43)

O Clínica Baltar Obradoiro recibiu esta fin de semana ao Iberconsa Novobasket, ante o que conseguiu unha nova vitoria O encontro comezou moi ben para os locais, que se viron sorprendidos por unha presión moi intensa por parte do equipo vigués, facendo dous contra un constantes.

Sen embargo, o Obra conseguiu saír ben desta presión, conseguindo canastras sinxelas, cun parcial no primeiro período de 24-8Sen embargo, o segundo período foi outra historia, xa que o Clínica Baltar Obradoiro comezaría a perder balóns, liándose a botar contra a defensa rival, que aínda que estes non conseguían castigar estas recuperacións con puntos, si conseguía frear o caudal anotador do obra. Ademais, un claro déficit no rebote defensivo castigaba ao obradoiro, que non conseguía xogar con fluidez. O parcial foi de 8-10.

Á saída do descanso, ao Obra seguía costándolle reaccionar. Parecía que esqueceu como saír dunha presión que lles seguía molestando en exceso, e freaba o seu ataque. Sumando un maior acerto do equipo de Vigo, fixo que estes seguiran acercándose máis no marcador, aproveitando certa pasibidade defensiva dos locais, que seguían regalando demasiados puntos. O parcial foi de 11-15.

O derradeiro cuarto seguiu igual, un Novobasket motivado, e un Obradoiro que, ata os últimos tres minutos non reaccionaba. Pero nos últimos intres do partido, o Obra voltou a mostrar unha boa versión, cun parcial de máis 13. Finalmente, o resultado foi de 64-43.

Infantil B: Opticalia Obradoiro CAB

Derrota no para o Opticalia Obradoiro no derradeiro encontro da primeira volta ante o Rosalía (47-74)

O Opticalia Obradoiro enfrontouse ao Rosalía, nun partido onde os locais voltaron acusar unha falta de concentración que os matou todo o encontro. O partido comezou igualado, con erros en ataque dos dous equipos, ata que os visitantes comezaron a afinar un pouco máis a puntería, mentres que ao Obra lle faltaba
puntería. O parcial foi de 12-18.

No segundo cuarto seguiu a sangría na defensa do Opticalia Obradoiro, que deixou claro onde ten carencias, no rebote defensivo e, sobre todo, na actitude, na concentración. Numerosos erros atrás facían que anotara fácil Rosalía, aumentando a súa vantaxe, e deixando o partido encarrilado xa na primeira parte. Ademais, en ataque non entraban os tiros obradoiristas, que se viñeron abaixo moi rápido. O parcial foi de 9-18.

Co inicio do terceiro cuarto parecía que había reacción local, pero aos poucos minutos volveron a errar en concentración e intensidade. Os rebotes seguían sendo dos visitantes, que conseguían seguir amosando a súa superioridade con canastras fáciles e un bo acerto no tiro. Parcial de 12-19.

No derradeiro período, o Obra xa estaba moralmente moi tocado e seguían sen ser capaces de remontar un partido que xa estaba moi decantado para o equipo de Rosalía, que seguen invictos na Liga, mentres o Obra remata a primeira volta con 3 vitorias e 3 derrotas. O partido rematou 47-74.