Recollida solidaria de xoguetes

O club colabora coa Fundación Amigos de Galicia coa súa Campaña de Nadal

A SD Compostela colabora coa Fundación Amigos de Galicia na súa recollida solidaria de xoguetes nesta Campaña de Nadal 2019. O club poñerá ao dispor de tódolos interesados as oficinas do club, no seu horario habitual (de luns a venres de 10.00 a 13.00 e de 16.00 a 20.00) para que todos aqueles que desexen colaborar poidan facer entrega do mesmo.

A recollida estará dispoñible esta semana e a próxima, ademais do domingo 22 de decembro, con motivo da disputa do encontro contra o CD Choco. Esa xornada, poderase depositar o xoguete na porta de acceso ao Estadio Verónica Boquete de San Lázaro.

Cada persoa que participe, como agradecemento, levará unha rifa para o sorteo dunha camiseta do primeiro equipamento, asinada por todos os integrantes do plantel.