Crónicas cantera Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

Un irregular Obradoiro Silleda vese superado na súa visita ao Porriño (82-70)

O Obradoiro Silleda visitou a pista do Porriño Baloncesto, que viña de gañar na súa derradeira visita ao Carballo e que afrontaba o encontro coa ambición de empatar en vitorias ao seu rival.

O encontro estivo marcado polo gran nivel defensivo dos locais, que reducían ao máximo o número de triples tentados por parte dos visitantes. Os de Porriño acabaron matando o encontro a través do rebote ofensivo e dun gran acerto desde o triple nos últimos minutos.

O partido comezou cun bo ritmo de xogo por parte dos obradoiristas, pero acción a acción os de Porriño foron endurecendo o encontro e cortando a circulación do balón visitante. O Obradoiro Silleda, preocupado ante a súa falta de vantaxes ofensivas, comezou a baixar o seu nivel defensivo e a outorgar aos locais as primeiras vantaxes no marcador.

A partir do segundo cuarto, o Obradoiro Silleda volveu a subir o seu nivel defensivo e, a pesar de que seguían sen conseguir pechar o rebote defensivo, foron volvendo competir o partido.

Xa á volta de vestiarios púidose ver a mellor cara dos obradoiristas, moito máis verticais de fronte ao aro e con mellor nivel defensivo. Así, foron reducindo a vantaxe ata poñerse por diante pouco antes do último cuarto. Con todo, cando parecía que a dinámica cambiara, o Obradoiro Silleda deixou de carburar, sen atopar vías claras de anotación en todo o último cuarto, foi vendo como o seu rival afastábase no marcador e acababan cedendo o segundo partido da tempada.

Os parciais por cuartos foron: 26-18, 17-17, 14-27 e 25-8.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (-), G. Jofresa (3), B. Losada (17), M. López (3), S. Eggertsson (10), V. Villadoniga (-), M. Fernández (18), G. González (-), M. Paz (3), A. Sow (4), J. Cal (9) e G. Arejolaleiba (3).

O próximo encontro do Obradoiro Silleda será o domingo 15 de decembro no pavillón César González Fares de Silleda fronte ao KFC Culleredo.

Junior 1ª div: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro é capaz de sacar unha vitoria ante o Durán Maquinaria Ensino a pesar dos problemas nas faltas (68-97)

O Obradoiro Peleteiro visitou o Pazo dos Deportes de Lugo para medirse ao cuarto clasificado da 1ª División Junior, un Durán Maquinaria Ensino que viña en boa dinámica de xogo e resultados.

Comezou o encontro cun gran inicio visitante quen, cun gran acerto desde o perímetro e un gran xogo sen balón, lograba as primeiras vantaxes. Os obradoiristas atopábanse cómodos e o seu nivel defensivo deixaba sen moitas situacións nas que xerar ao seu rival, levando por completo o ritmo do partido.

Con todo, no segundo cuarto os lucenses deron a volta ao xogo, comezaron a subir o seu nivel de agresividade no rebote e a frear o xogo a través dunha defensa zonal de axustes. O Obradoiro Peleteiro non atopou opcións claras para anotar contra a súa zona e, ao tentar subir aínda máis o seu nivel defensivo, empezou a cometer demasiadas faltas persoais.

O Durán Maquinaria Ensino sumaba así desde a liña de tiros libres e reducía a diferenza para chegarse ao descanso cun marcador de 32-40.

Sentou de marabilla aos obradoiristas o descanso do encontro, xa que desde a saída do terceiro cuarto volveron controlar o ritmo do partido e a través dunha mellor circulación de balón e un claro dominio no rebote ofensivo, terminarían por abrir vantaxe e poder controlala durante os últimos minutos, levándose así unha vitoria dunha pista moi complicada por un marcador final de 68 a 97.

Os parciais por cuartos foron: 13-25, 19-15, 16-33 e 20-24.

O próximo partido do Obradoiro Peleteiro será este sábado no pavillón de Montouto a partir das 10:00 horas contra o Blanco Amor Ourense.

Junior 2ª div: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames cae nun final axustado na súa visita ao líder (59-57)

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames visitou ao ata gora líder invicto da competición. Nun partido marcado pola igualdade, os obradoiristas estiveron preto de dar a sorpresa, pero a falta de acerto na primeira metade acabou sendo fundamental.
Na primeira parte, o C.B. Noia conseguiu unha pequena vantaxe debido ao seu gran nivel de acerto durante os primeiros minutos. Aos poucos os locais fóronse facendo donos do rebote e, durante todo o segundo cuarto, foron ampliando a diferenza a través de numerosas canastras a campo aberto, chegando ao descanso cun marcador de 31-22.

Os obradoiristas empezaron a subir o seu nivel defensivo na segunda parte, e só o tremendo acerto local desde o 6,75 fixo que os de Noia volvesen gañar o parcial. Pero este acerto baixo durante os últimos minutos, provocando máis dúbidas no seu ataque e permitindo ao Grupo Caeiro Obradoiro Ames ir reducindo diferenzas ata poñerse a tan só dous puntos nos últimos instantes, pero a fortuna non estivo do seu lado e acabaron cedendo ante un grandísimo equipo por un 59-57 final.

Os parciais por cuartos foron: 11-9, 20-13, 15-10 e 13-25.

O próximo encontro do Grupo Caeiro Obradoiro Ames será o domingo 15 de decembro ás 10:00 horas no pavillón Lorenzo da Torre.

Cadete 1ª div.: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro continua co refacho de vitorias impoñéndose ao Bosco Salesianos de local (105-59)

O Balidea Obradoiro enfrontouse esta fin de semana ao Bosco Salesianos 04 de Ourense, no pavillón municipal Lorenzo de La Torre.

O partido comezou con bo acerto por parte dos locais que, nos primeiros minutos xa foi capaz de tomar distancia no marcador con xogadas de contraataque e tiros a distancia tras boa circulación de balón. O primeiro cuarto rematou cun 22 – 9 para os de Obradoiro.

No segundo cuarto os locais seguían dominando e controlando o ritmo do partido e ao descanso a diferenza era de 21 puntos (47-26).

Na segunda parte, a pesar de seguir aumentando as distancias no marcador grazas a unha boa inspiración en ataque do equipo santiagués, os ourensáns mostraban o seu talento ofensivo, e eran capaces de mover ben o balón para castigar con tiros e penetracións á defensa dos locais que xa non presentaba a súa intensidade habitual, para acabar o partido cun marcador de 105-59.

Os parciais de cuartos foron: 22-9, 25-14, 32-20 e 26-16.

Cadete 2ª div: Obradoiro CAB 05

O Obradoiro CAB 05 vence ao ES Bandeira EDM A Estrada (36-67)

Victoria dos cadetes de primeiro ano na sua visita á Estrada, nun partido espeso por parte dos dous equipos, no que os obradoiristas gañaron grazas á súa superioridade técnica e física.

O Obradoiro CAB non mostrou a súa mellor cara nun partido no que apenas mostraron intensidade en defensa e non conseguían impoñer un ritmo de xogo alto, permitindo aos locais xogar nun ritmo que se atopaban moi cómodos.

Resultado por cuartos: 10-9, 10-23, 10-17 e 6-18.

Anotaron: Víctor (10), Marcos (2), Ivan (6), Fernando (4), David, Brais (21), Hugo (6), Anxo (13), Juan (5).

Infantil 1ª div: Cenor Obradoiro

Nova vitoria para o Cenor Obradoiro ante o Maristas de Lugo (82-32)

Finalizou a primeira volta para os infantís nesta primeira fase, e fixérono con unha nova vitoria, que permite aos nosos seguir liderando a clasificación.

O Cenor Obradoiro comezou o encontro marcando diferencias dende o salto inicial cunha intensidade e un nivel de concentración moi alto que permitiu abrir oco no marcador (20-0) de arranque, rematando o primeiro cuarto cun 31-8. O segundo cuarto comenzou cos nosos mantendo a mesma intensidade, conseguido canastas en todas as situación de xogo, contraataques, estático, e chegouse ao descanso cun 58-19.

O paso polos vestiarios deulle outro aire ao equipo visitante, que non parou de loitar en ningún momento a pesar de que a diferencia no marcador era amplia.

Os infantís desprázanse esta ponte a Valencia para disputar a Minicopa na que se enfrontarán ao Manresa, Tenerife e Zaragoza, no que será una gran experiencia e aprendizaxe para os xogadores.

Anotaron: André (13), Román A., Juanjo, Pepe (8), Iago (20), Xoan (4), Alfie (9), Matías (4), Fernando (12), Hadrián (2), Leo (2), Román Pérez (6).

Resultado por cuartos: 31-8//27-11//18-11//6-2

Infantil 2ª div: Opticalia Obradoiro

Nova victoria do Opticalia Obradoiro ante Peleteiro (76-26)

O Clínica Baltar Obradoiro enfrontouse esta fin de semana ao Peleteiro. No primeiro cuarto, os locais saíron moi metidos en ataque, anotando con facilidade sobre todo grazas a accións de contraataque. Sen embargo, pese á superioridade física, os locais non conseguiron asegurar o rebote en ningún momento. O parcial do primeiro período foi de 20-9.

No segundo cuarto os locais seguiron cos problemas no rebote, aínda que o desacerto pola parte visitante fixo que o Opticalia Obradoiro seguira aumentando a vantaxe. O parcial foi de 15-6.

Á volta do descanso o guion seguiu sendo o mesmo, un equipo local que, pese a non estar facendo un partido bo, seguían sumando puntos á vantaxe. O encontro rematou cun 76-26 no electrónico.