Crónicas canteira Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda volve á senda do triunfo cunha importante vitoria fronte ao KFC Culleredo (92-76)

O Obradoiro Silleda disputou o derradeiro encontro do 2019 no pavillón César González Fares, recibindo a un KFC Culleredo á alza, que se colocou xa na quinta posición no grupo A-B da Liga EBA.

O encontro comezou co equipo visitante moito máis preciso e levándose as primeiras vantaxes no electrónico. Pouco a pouco, os obradoiristas foron entrando no partido e volveron a igualar o choque, pero o seu nivel defensivo seguía estando lonxe do nivel necesario para poder dominar o ritmo do xogo.

O KFC Culleredo castigou a través do rebote ofensivo no aro local, mantendo a iniciativa no marcador grazas ás continuas segundas opcións e ao gran número de tiros libres que provocaban (32 ao final do encontro por 14 dos locais), permitíndolles así chegar ao descanso cun 35-40 ao seu favor.

Á volta dos vestiarios, os visitantes tiveron o seu mellor momento do partido, aumentando o parcial ao seu favor para obrigar aos locais a parar o partido ao porse a dez puntos por riba no marcador. A partir dese momento, os obradoiristas foron pouco a pouco subindo o nivel defensivo a pesar do gran número de faltas que cometera, sumando cada vez máis puntos a campo aberto e dándolle a volta ao marcador ao inicio do último cuarto.

Nos derradeiros dez minutos, os obradoiristas atoparon gran fluidez ofensiva e, a pesar de non lograr boas porcentaxes dende máis alá de 6,75, endosaron un gran parcial ao seu rival, pasando do 76-66 ao 92-76 nos últimos minutos do encontro.

Os parciais por cuartos foron: 20-22, 15-18, 24-18 e 33-18.

Por parte del Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (10), G. Jofresa (11), B. Losada (11), M. López (-), S. Eggertsson (8), V. Villadoniga (2), M. Fernández (13), G. González (4), M. Paz (11), A. Sow (8), J. Cal (14) y G. Arejolaleiba (-).

A próxima fin de semana, el Obradoiro Silleda viaxará el sábado hasta Zamora para tratar de despedir o 2019 cunha nova vitoria.

Junior 1ª div: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro mantén o ritmo cunha nova vitoria ante o Campus Ourense EDO Blanco Amor (85-52)

O Obradoiro Peleteiro recibiu esta fin de semana ao Campus Ourense EDO Blanco amor nun encontro que comezaron mellor os visitantes, metendo os primeiros seis puntos nun corto período de tempo e marcando o ritmo.

Os locais tardaron en arrancar, sufrindo en defensa e sen ser suficientemente agresivos como para poder dominar o xogo. Sen embargo, tras un par de rotacións, os obradoiristas foron subindo a súa intensidade defensivo e puxéronse por diante no marcador.

No segundo cuarto viviuse a mesma situación. Cun Obradoiro Peleteiro que comezaba descentrado, pero que pouco a pouco era capaz de controlar o rebote en ambos taboleiros para seguir ampliando as vantaxes ao seu favor. Cando peor parecía que estaba o encontro para o Blanco Amor, os visitantes anotaron dous triples consecutivos para reducir lixieramente a distancia e chegar ao descanso cun parcial de 46-28.

Xa na segunda parte, os obradoiristas deron a súa mellor versión defensiva. Todos os xogadores fóronse sumando a un ritmo máis alto para sumar constantemente a campo aberto e mellorando notablemente a circulación de balón. Desta forma, o Obradoiro Peleteiro seguiu aumentando a vantaxe ata o final do encontro, certificando unha nova victoria na súa pista, esta vez por un 85-52 final.

Os parciais por cuartos foron: 23-15, 23-13, 21-11 e 18-13.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro terá dobre xornada, recibindo o viernes 20, ás 18:00 horas en Montouto al C.B. Tui, e viaxando o sábado ás 16:00 horas a Vilagarcía.

Junior 2ª div: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames consigue unha nova vitoria ante un Rosalía Instituto mermado polas baixas (136-22)

O Grupo Caeiro Obradoiro recibiu ao Rosalía Instituto no primeiro encontro da segunda volta da 2ª División Junior.

Dende o inicio do partido viuse a diferencia entre ambos conxuntos, algo que aumentou debido ás baixas do equipo visitante. Os obradoiristas marcaron o ritmo de xogo cunha gran defensa do 1×1 que lles permitiu sumar canastras fáciles ao contraataque e abrir brecha no marcador dende o primeiro cuarto.

Os minutos seguían pasando e os locais non cedían no control do partido, realizando boas rotacións defensivas e con grandes porcentaxes de tiro. A pesar da gran diferenza no marcador, ambos equipos seguiron traballando diferentes situacións de cara ao futuro, rematando o encontro cunha clara vitoria por 136-22 para o Grupo Caeiro Obradoiro Ames.

Os parciais por cuartos foron: 34-5, 32-4, 35-2 e 35-11.

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames non disputará ata a volta de Nadal o seu próximo partido. Será a fin de semana do doce de xaneiro contra el Peleteiro B.

Cadete 1ª div.: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro pecha o 2019 cunha nova vitoria na casa ante o Publigal Seis do Nadal (72-36)

O Balidea Obradoiro recibiu ao Publigal Seis do Nadal, no primeiro partido da segunda volta da Liga Galega cadete.

O partido comezou moi ben para os locais, que impuxeron unha defensa a un gran nivel e foron capaces de correr o campo en contraataques tras rebote defensivo ou roubo de balón, chegando ao final do primeiro cuarto 16-8 no electrónico.

No segundo cuarto, o Balidea Obradoiro atascouse en ataque, fallando tiros fáciles e o Seis do Nadal aproveitou estes minutos para intentar meterse no partido. O electrónico reflexaba un 33-21 ao descanso.

Tras o paso polos vestiarios, o encontro seguiu cun alto nivel de intensidade defensiva por parte dos obradoiristas que, a pesar de non atopar o acerto desexado en ataque, lograban controlar o encontro desde a defensa para rematar cun 72-36.

Os parciais por cuartos foron: 16-8, 17-13, 18-6 e 21-9.

Cadete 2ª div: Café Sabora Obradoiro

O Café Sabora Obradoiro consegue unha nova vitoria ante o Disteva CB Rianxo (108-34)

O Café Sabora Obradoiro recibiu ao Disteva CB Rianxo, no que os cadetes se repuxeron ás lesións de varios xogadores para afrontar o encontro e vencer con claridade aos rapaces de Rianxo quenes, a pesar da diferenza no marcador non deixaron de loitar para intentar frenar ao seu rival.

Resultados por cuartos: 35-16, 19-4, 24-6 e 30-8.

Anotaron: Pablo Cutrín (8), Román (2), Joel, Roque (10), Pepe (2), Iago (3), Matías (25), Alex (38), Seoane (11), Leo (9), Víctor.

Cadete 2ª div: Obradoiro CAB

O Obradoiro CAB lévase o derbi compostelán ante o Rosalía (69-41)

O Obradoiro CAB levouse o derbi compostelán da fin de semana ante o Rosalía, nun encontro que se decantou para os locais grazas a unha segunda parte na que conseguiron impoñer un alto ritmo na defensa.

Os visitantes aguantaron a primeira parte grazas ao dominio do rebote ofensivo, que permitía aos colexiais manterse cerca no marcador. Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas solucionaron o problema do rebote defensivo e comezaron a impor un alto ritmo de xogo, que abriu unha gran vantaxe no marcador.

Resultado por cuartos:18-14, 16-10, 23-10, 12-7.

Anotaron: Víctor (18), Marcos (6), Ivan (1), David, Brais (19), Xoan (5), Hugo (6), Fernado (5), Alvaro, Anxo (2), Juan (7).

Infantil 1ª div: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro remata o 2019 con vitoria ante o Santo Domingo de Betanzos (65-48)

O Cenor Obradoiro venceu no seu derradeiro partido do ano ante o Santo Domingo de Betanzos (65-48), nun encontro que se caracterizou pola dureza do mesmo ante o segunda clasificado, permitindo aos obradoiristas manter o primeiro posto e seguir invictos.

Os obradoiristas comezaron o encontro coa baixa de última hora de Alfie e con Matías e Iago sen poder adestrar durante toda a semana. Pero o equipo sacou a súa garra a relucir para dominar o encontro grazas a un tremendo esforzo defensivo.

Resultado por cuartos: 13-8, 23-13, 18-21, 11-6.

André (10), Román A. (4), Pepe (5), Iago (9), Xoan (14), Alfie, Matías (8), Fernando (6), Hadrián (2), Leo (5), Román Pérez (2).

Preinfantil: Clínica Baltar Obradoiro

Primeira derrota da tempada para o Clínica Baltar Obradoiro (62-51)

O Clínica Baltar Obradoiro visitou ao CB Tui, enfrontándose así os dous únicos equipos que non perderan ata o momento.

O encontro comezou ben para os visitantes que, cun bo xogo de ataque comezou coas primeiras vantaxes do partido. Dende o primeiro momento, os locais deixaron claro como xogaban: un xogador atacaba co balón e os demais esperaban abertos a súa ocasión. Nun primeiro momento non estaban de todo acertados cos tiros, o que fixo que o Obra puidera anotar de contraataques, a súa mellor baza. O parcial foi de 15-20.

Sen embargo, o segundo cuarto foi moi diferente. Ao Clínica Baltar Obradoiro costáballe moito máis atopar o camiño ao aro rival, defendido con dureza por parte de Tui. O equipo local incrementou o seu acerto exterior, mentres seguía apoiándose sobre un xogador todo o seu xogo, ao cal o Obra non atopou forma de frear. O parcial foi de 23-13.

A segunda parte viu como o nivel de acerto dos dous equipos foi disminuindo, no caso do Tui por falta de acerto, e por parte dos visitantes, falta de acerto, pero tamén polas poucas faltas sinaladas ao equipo local, o que facía que os xogadores do Obra non puideran realizar o seu xogo con normalidade, sacándoos do partido. O parcial foi de 12-11.

A distancia aínda era salvable para o Obradoiro, pero non foi capaz de recortar distancias e o encontro rematou cun 62-51 no electrónico.