IV Foro SD Empresarial

Foto: Amadeo Rey

O mércores día 30 tivo lugar a Cuarta Edición da SD Empresarial no Hotel Oca Puerta del Camino, á que asistiron os patrocinadores do proxecto branquiazul. No acto, interviron como poñentes Antón Varela, asesor de goberno do Concello de Santiago; José Fernández Alborés, presidente da Área Empresarial Polígono do Tambre e do Arteal Tenis de Mesa; Camilo Lobato, director desenvolvemento de negocio de Grupo Recalvi e ex-director comercial e de marketing do RC Celta de Vigo; e Xosé Luís Reza, presidente do Clúster de Comunicación de Galicia.

Antes de finalizar o acto, os patrocinadores oficiais e o patrocinador principal recibiron a camiseta desta tempada que patrocinan.