Crónicas Cantera Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda consegue a vitoria na cancha do Santo Domingo Betanzos grazas a unha gran primeira parte (83-93)

O Obradoiro Silleda visitou a pista do Santo Domingo Betanzos, rival que viña de caer na prórroga no seu anterior encontro de Liga, e conseguiu a vitoria grazas a una gran primeira parte.

O encontro comezou cun moi bo nivel defensivo, que maniataba aos locais e permitíalles anotar moitos puntos a campo aberto. Co paso dos minutos, o ritmo era controlado polos visitantes, pero o Santo Domingo de Betanzos conseguía manterse no encontro grazas aos tiros libres. Así, chegouse ao descanso cun marcador de 41-60, tras unha afastada canastra dos locais sobre a bucina.

Á volta de vestiarios, o Santo Domingo subiu aínda máis o nivel de dureza do partido e foi recortando diferenzas no electrónico. O gran volume de faltas realizadas polos obradoiristas pasáballes factura e víronse obrigados a facer un esforzo extra no derradeiro cuarto para levar a vitoria.

Con só dez minutos por diante, os de Betanzos atoparon o seu mellor ritmo de xogo, pero os obradoiristas souberon responder con boas decisións en ambos lados da pista. O Obradoiro Silleda soubo manter a calma nos minutos finais para manter a renda ao seu favor e conseguir así unha nova vitoria a domicilio cun 83-93 final.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (7), G. Jofresa (9), B. Losada (10), M. López (3), S. Eggertsson (20), V. Villadoniga (3), M. Fernández (15), M. Paz (1), A. Sow (7), J. Cal (15), G. González (-) e G. Arejolaleiba (3).

Estatísticas completas: http://competiciones.feb.es/estadisticas/Partido.aspx?p=2101666&med=0

A próxima fin de semana, o Obradoiro Silleda regresará ao seu pavillón, o César González Fares, para recibir ao USAL La Antigua de Salamanca, o domingo, ás 17:30 horas.

Junior: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro mantén o seu gran arranque de tempada cunha nova vitoria ante o Club Ourense Baloncesto (88-36)

O Obradoiro Peleteiro recibiu ao Club Ourense Baloncesto, un equipo que viña cunha dinámica contraria á dos obradoiristas, con catro derrotas consecutivas, pero os composteláns non se ían fiar deste dato.

Dende o salto inicial, os locais foron capaces de dominar o xogo interior e o rebote en ambos taboleiros, ampliando aos poucos as súas vantaxes no marcador e dificultando as opcións de tiro aos seus rivais.

O Obradoiro Peleteiro realizou unha gran defensa que deixou ao seu rival en tan só dous puntos na saída da segunda parte do encontro, e a vitoria quedou na pista de Montouto.

Os parciais por cuartos foron: 26-8, 25-9, 16-2 e 21-17.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro enfrontarase o domingo, ás 12:00 horas, ao Bosco Salesianos.

Junior: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames logra a segunda vitoria da tempada ante o Peleteiro B (83-40)

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames recibiu no seu pavillón ao Peleteiro B, nun encontro que dominaron os obradoiristas dende o inicio, completando un partido serio os 40 minutos.

Os obradoiristas marcaron o ritmo do encontro grazas a unha presión fedensiva que lles permitiu roubar balóns nas primeiras liñas de pase, anotando canastras fáciles ao contraataque.

No segundo cuarto, Peleteiro deu varioas pasos á fronte a nivel defensivo e comezou a reducid as distancias no marcador, igualando o parcial deste segundo tempo e chegando ao decanso cun 35-22.

Na segunda metade, os obradoiristas recuperaron a súa mellor versión e, coa achega de todos os xogadores, aumentaron o nivel defensivo para así sumar de novo a campo aberto e certificar así a segunda vitoria da tempada por un 83-40 final.

Os parciais por cuartos foron: 22-7, 16-15, 22-8 e 23-10.

A próxima fin de semana, o Grupo Caeiro Obradoiro Ames visitará Boiro para medirse ao C.B. Santa Baia na cuarta xornada da tempada.

Cadete: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro gaña ao COB Ourense como local na cuarta xornada de Liga (88-47)

Os obradoiristas recibiron na cuarta xornada de Liga ao COB Ourense no seu pavillón.

O encontro comezou cun gran dominio por parte do Balidea Obradoiro que, a base dunha defensa a toda pista, poñía en problemas aos ourensáns, forzándoos a cometer perdas de balón, correndo a pista para anotar e sacar as primeiras vantaxes no marcador para os locais (24-5).

No segundo cuarto, os obradoiristas mantiveron a intensidade defensiva e controlaron o ritmo do encontro, sendo capaces de circular ben o balón en ataque, atopando boas opcións de tiro, para irse ao descanso cunha clara vantaxe no electrónico (52-16).

Tras o paso polos vestiarios, os locais baixaron a intensidade defensiva para traballar situacións de defensa de media pista, o que aproveitaron os visitantes para xogar mellores opcións de ataque e chegar ao resultado final de 88-47.

Os parciais por cuartos foron: 24-5, 28-11, 22-18 e 14-13.

O Balidea Obradoiro recibirá ao Novobasket de Vigo, o próximo sábado, ás 10:00 horas, no pavillón Lorenzo de la Torre.

Cadete: Café Sabora Obradoiro

O Café Sabora Obradoiro estréase na Liga con vitoria ante o Enseñanza

Tras ser aplazado o encontro da primeira xornada e la xornada de descanso da pasada fin de semana, por fin puido inaugurar a Liga o Café Sabora Obradoiro. E fíxoo con vitoria.

Gran debut dos cadetes de segundo ano, que se enfrontaron ao Enseñanza nun partido no que os obradoiristas marcaron a diferenza desde o salto inicial pola súa superioridade física. O Café Sabora Obradoiro conseguiu frenar en ataque ao Enseñanza e anotaban con facilidade. O encontro finalizou cun 28-99 no electrónico.

Marcador por cuartos: 6-24, 6-20, 12-22 e 4-33.

Pablo Cutrín, Román (2), Joel (7), David (15), Roque (16), Matías (14), Alex (14), Pablo Seoane (23), Mauro (2), Leo (2) e Víctor (4).

Cadete: Obradoiro CAB 05

Derrota do Obradoiro CAB 05 ante Compañía de María no derbi compostelán (57-69)

Tocou derbi compostelán entre os dous líderes invictos da competición, que caeu do lado dos colexiais mantendo a súa condición de invictos.

O encontro comezou cun ritmo trepidante, onde os dous conxuntos anotaban con facilidade ata que, mediado o primeiro cuarto, os rapaces de Compañía subiron a intensidade defensiva conseguindo canastras ao contraataque e abrindo distancias no marcador (18-28).

No segundo cuarto cambiaron as tornas e ambos equipos se aplicaron dende a defensa, dando lugar a numerosos errores nos dous lados da pista. Chegouse ao descanso cun 30-38 no electrónico.

Á volta de vestiarios, os visitantes aproveitaron a mala saída dos obradoiristas cun parcial de 0-8 que o Obradoiro CAB non puido recortar e o encontro finalizou por 57 a 69.

Resultado por cuartos: 18-28//12-10//10-15//17-16

Anotaron: Víctor (20), Marcos (4), Iván (4), Fernando (2), Iago (3), Brais (3), Xoan (5), Álvaro (2), Anxo (4), Juan (8).

Infantil A: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro mantense invicto tras gañar ao Montrove (72-44)

Cuarta xornada de Liga e cuarta vitoria para os infantís, que se manteñen invictos e líderes en solitario do grupo norte da Liga Galega tras vencer ao Montrove (72-44).

O encontro comezou frío para os obradoiristas, que non conseguían manter unha intensidade constante, pero conseguiron ir distanciándose no marcador grazas ás individualidades en ataque e a superioridade no rebote.

No segundo cuarto, os locais non conseguían impoñer o seu habitual ritmo defensivo, pero aumentaban as distancias grazas ao dominio do rebote na canastra visitantes, que permitía aos obradoiristas anotar con facilidade.

O paso polos vestiarios sentou mal aos obradoiristas, que saíron desconcentrados permitindo aos visitantes impoñer o seu xogo. No derradeiro período, os locais reaccionaron nos primeiros minutos cunha gran intensidade defensiva e facerser así coa vitoria.

Resultados por cuartos: 18-8, 25-12, 10-14 e 19-10.

Por parte dos obradoiristas anotaron: André (15), Román A. (2), Iago (20), Xoan (4), Alfie (7), Matías (4), Fernando (11), Leo (7), Román Pérez (2).

Infantil: Opticalia Obradoiro

Vitoria do Opticalia Obradoiro no igualado partido ante Enseñanza, con prórroga incluída (58-56)

O Opticalia Obradoiro recibiu ao Enseñanza nun encontro que comezou ben para os locais, aproveitando o desacerto de Enseñanza e conseguir así distancia no marcador.

No segundo cuarto chegou o peor momento dos obradoiristas, que deixaron de pechar o rebote, non levantaban a cabeza mentres botaban, e non estaban ben en defensa.

Tras voltar do descanso cinco puntos por debaixo, seguía sen verse reacción por parte dos obradoiristas, momento que aproveitou Compañía de María para seguir aumentando a diferenza, poñéndose a máis de dez puntos por riba.

Os visitantes tamén estaban moi desacertados no nivel ofensivo, sobre todo nos tiros libres. Chegouse aos tres minutos moi cerca do marcador e chegou a reacción obradoirista, con boas defensas que conseguiron empatar o encontro nos derradeiros segundos, forzando a prórroga.

Na prórroga, a precipitación levou ao desacerto por parte de ambos equipos. A falta de 12 segundos, o Obra anotaría a que sería a derradeira canastra do encontro, dándolle a vitoria final por 58 a 56, pese a completar un encontro con moito aínda por mellorar e traballar.

Preinfantil: Clínica Baltar Obradoiro

Nova vitoria do preinfantil Clínica Baltar Obradoiro ante o Marín (63-66)

O Clínica Baltar Obradoiro disputou no pavillón da Raña o terceiro encontro da Liga Galega Preinfantil, que os enfrontaba ao Marín.

O partido comezou cunha igualdade tanto a nivel de xogo coma no marcador, debido ás imprecisións por parte de ámbolos dous equipos e a un alto número de faltas nos primeiros compases do encontro, unha igualdade que se mantivo durante todo o primeiro período, rematando cun parcial de 14-15.

Ao inicio do segundo cuarto notouse un troco por parte dos dous conxuntos xa que a anotación foi mais elevada, debido ao baixo nivel na parcela defensiva que ofreceron tanto os locais coma os visitantes, o que propiciou tiros máis liberados e por tanto cunha porcentaxe máis alta de acerto. Ao descanso o resultado era de 31 a 37 a favor do conxunto santiagués.

Tras o descanso, os visitantes saíron máis centrados, traballando máis en defensa, aínda que seguían estando lixeiramente desordenados en ataque. Aínda así, os obradoiristas conseguiron anotar puntos ante un Marín que saíu aparentemente despistado do descanso, tirando con menos acerto que nos anteriores cuartos, e cansados debido a que o Obradoiro saíu con ganas de correr. O parcial rematou 41-53.

No último período, o Obradoiro que comezaba a facer as cousas ben volveuse a desvanecer. Tras os dous primeiros minutos de manter a vantaxe que arrastraban dende o anterior cuarto, os visitantes permitiron demasiadas segundas oportunidades, acompañadas con problemas de faltas de tres dos seus xogadores máis importantes. Os xogadores do Marín, alentados pola súa afección, souberon reaccionar ante isto e recortaron as distancias notablemente, hasta o punto de chegar empatados ao último minuto do encontro.

A falta de 17 segundos, o Obradoiro ía dous puntos por diante con posesión, polo que o Marín optou por facer falta cando quedaban sete segundos para que rematara o encontro. O xogador ao que lle correspondía tirar os tiros libres anotou o primeiro, pero fallou o segundo. O Obra colleu un rebote disputado, e instantes despois cometía pasos nun intento de roubo do Marín, o que lle daba aos locais un intento de empatar o partido no escaso tempo que quedaba (00:05 indicaba o marcador). Na última xogada recibiu de maneira non moi complicada o xogador de Marín que máis triplas e puntos levaba no partido, realizando sen dificultade un tiro que fallaba dándolle así a vitoria ao Clínica Baltar Obradoiro 63-66.