Crónica Obradoiro CAB

Senior: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda sae vitorioso da súa visita ao Estudiantes de Lugo (83-90)

O Obradoiro Silleda visitou o Pazo dos Deportes para enfrontarse ao Estudiantes de Lugo, nun encontro no que os locais conseguiron sacar do partido aos visitantes nos primeiros minutos, e nos que os obradoiristas tiveron que traballar a contracorrente para sumar o novo triunfo.

O partido comezou cun Obradoiro Silleda totalmente descoñecido, sen ningún tipo de circulación de balón e con serios problemas defensivos. Os locais dominaban todos os aspectos do xogo e maniataban por completo aos composteláns. Co paso dos minutos, os visitantes ían aos poucos entrando en partido. Cada canastra necesitaba dun tremendo esforzo e manterse no partido era unha loita constante.

Con todo, no segundo cuarto as cousas cambiaron. Os obradoiristas foron recuperando unha mellor versión e, a través de varios lanzamentos dende triple, chegouse ao descanso cunha vantaxe de sete puntos para os locais.

Á volta de vestiarios, o Obradoiro Silleda continuou remando para darlle a volta ao encontro e, grazas a unha maior solidez defensiva, foron capaces de reducir as distancias e poñerse por primeira vez por diante no marcador trinta minutos despois do salto inicial.

A partir dese momento, os obradoiristas controlaron o ritmo do partido. Os lucenses non se deron por vencidos e estiveron preto de volver a ter o mando do choque, pero o acerto nos minutos finais fixo que o Obradoiro Silleda volvese cunha traballadísima vitoria por un 83-90 final.

Os parciais por cuartos foron: 25-11, 17-24, 17-25 e 24-30.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: A. Pérez (12), G. Jofresa (13), B. Losada (9), M. López (2), S. Eggertsson (18), V. Villadoniga (2), M. Fernández (9), M. Paz (-), A. Sow (5), J. Cal (18), G. González (2) e G. Arejolaleiba (-).

A próxima fin de semana o Obradoiro Silleda recibirá no pavillón César González Fares de Silleda ao recentemente descendido da Liga Leb Prata, o Ávila Auténtica- Carrefour, o domingo a partir das 17:30 horas.

Junior: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro mantén a súa serie con vitoria en Ferrol (51-83)

O Obradoiro Peleteiro visitou a pista do Academia COPS Basket Ferrol.

Arrincou o partido cos obradoiristas impoñendo un tremendo ritmo de xogo que lles permitiu lograr unha vantaxe de dez puntos aos poucos minutos do salto inicial.

A partir do segundo cuarto, os locais reaccionaron. Os ferroláns axustaron en defensa e atoparon unha gran porcentaxe desde a liña de tres puntos, xerando moitos máis problemas aos santiagueses. Aínda así, chegouse con vantaxe obradoirista ao descanso.

Á volta de vestiarios, o partido volveu arrincar como ao comezo do mesmo, co Obradoiro Peleteiro marcando o ritmo de xogo e forzando numerosas perdas de balón que provocaba que volvesen aumentar a súa vantaxe.

Xa nos últimos minutos os de Ferrol tentaron volver meterse no partido con dous triplos consecutivos, pero un sólido traballo do Obradoiro Peleteiro permitiulles cultivar un novo triunfo por un 51-83 final.

Os parciais por cuartos foron: 10-24, 11-17, 12-17 e 18-25.

A próxima fin de semana, o Obradoiro Peleteiro recibirá en Montouto, o domingo a partir das 12:00 horas, ao KFC Culleredo.

Junior: Grupo Caeiro Obradoiro Ames

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames logra a súa primeira vitoria da tempada (21-87)

O Grupo Caeiro Obradoiro Ames disputou o seu primeiro encontro fóra da casa, visitando a cancha do Instituto Rosalía de Castro.

Dende o primeiro instante, os visitantes impuxeron o seu físico en todas as liñas defensivas, impedindo ao seu rival lograr unha boa circulación de balón.

Este nivel de intensidade provocou que os obradoiristas sumasen un gran volume de puntos ao contraataque, logrando desta forma importantes vantaxes no marcador durante a primeira parte, chegando ao descanso cun marcador de 14-38.

Na segunda metade, as diferenzas seguiron aumentando, traballando ambos os equipos para seguir construír o seu xogo colectivo para os seguintes partidos de tempada. A próxima fin de semana o Grupo Caeiro Obradoiro Ames terá xornada de descanso, volvendo á competición a fin de semana do nove de novembro no pavillón Lorenzo da Torre contra o Peleteiro.

Cadete: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence na súa visita ao CB Tui Mascato

Os obradoiristas comezaron o encontro na pista do CB Tui Mascato cun gran xogo ofensivo, que lles permitía tomar as primeiras vantaxes de 0-7 no marcador, pero os de Tui, grazas ao acerto exterior e boas accións de contraataque, empataron o encontro.

O Balidea Obradoiro continuaron con acerto en ataque, pero non atopaban a súa mellor versión en defensa, concedendo así moitas opcións de tiros cómodos aos locais, chegando ao descanso do encontro co marcador en 34-52.

Tras o paso polos vestiarios, o Balidea Obradoiro foi capaz de dominar o ritmo do partido e mellorar a súa defensa. Así, fíxose co control do encontro e o resultado final foi de 45-100.

Os parciais por cuartos foron: 20-30, 14-22, 7-26 e 4-22.

Infantil A: Cenor Obradoiro

Nova vitoria para o Cenor Obradoiro ante o Basquet Coruña

Terceira xornada de Liga para o Cenor Obradoiro, e terceira vitoria para os composteláns que realizaron un partido moi serio ante o Basquet Coruña, un rival que non baixou os brazos en ningún momento.

O encontró comezou cos obradoiristas moi concentrados en defensa, abrindo ocos no marcador dende o primeiro minutos. Só as faltas de concentración en determinados momentos enturbiaban o bo xogo. O electrónico foise agrandando a favor do obradoiristas grazas á gran defensa, obligando aos coruñeses a sufrir para anotar. O partido finalizou cun 42-101 no marcador.
Resultados por cuartos: 10-26//8-25//14-18//10-32
Anotaron: André (4), Román A., Pepe (10), Iago (29), Xoan (7), Alfie (12), Matías (10), Fernando (16), Leo (2), Román Pérez (11).