O Noso Deporte

Éxito do Club de Patinaxe Artística Brión no IV Trofeo Rosaleira Vila de Mos

4 podiums para os Grupos de Show adestrados por Natis e Andrea

O Club de Patinaxe Artística Brión logrou o pasado domingo 2 de xuño 2 primeiros postos e 2 segundos postos no IV Trofeo Rosaleira Vila de Mos. As patinadoras máis novas subíronse o máis alto do podium, proclámandose campioas en Grupos Show Primaria coa coreografía “FLORECER” e en Cuartetos Primaria coa coreografía “MÚSICA”.

As máis veteranas do club lograron 2 segundos postos en Grupos Show Secundaria coa coreografía “LYCANTHROPOS” e en Cuartetos Secundaria coa coreografía “MAXIA”.

As patinadoras, adestradas por Natis e Andrea, realizaron unhas estupendas execucións das súas coreografías, mostrando unha gran calidade técnica e interpretación.